3-1 foi o resultado final nun partido no que Félix fixo doblete e Mario marcaría o derradeiro tanto do partido, logo de adiantarse o RC Villalbés no marcador cun tanto tempraneiro de Make.

Chegaba o día, chega a hora da cita acordada para a viséximo sétima xornada da Terceira División. O CD Choco recibía ao RC Villalbés nun partido que se presentaba moi importante para os intereses choqueiros, tal e como adiantaba Gonzalo, técnico do equipo redondelano, na previa. 3 puntos fundamentais para conseguila permanencia de maneira matemática.

Con todo disposto no Santa saltaban ao campo, logo do tempo de quecemento os dous equipos. Gonzalo optaría por un 11 de inicio formado por Cortegoso, na portería, Mario, Aitor, Yago Vázquez, Vitra, Alberto Suárez, Yerai, Caloi, Edu Otero, Félix e Martin. Tamén disfrutarían de minutos Comis, Sergio Santos e Tomás Abelleira.

Entrementres o Racing Club Villabés optaría por Javi Rumbo, baixo paos, Diego López, David Buyo, Vérez, José Castro, Javi Varela, Jose Varela, Make, Cuadrado, Ángel e Moreda.

Logo do tanteo inicial, a expensas de quen se facía co control do partido e sen chegadas claras por parte de ningún dos dous bloques; pouco a pouco parecía co equipo visitante facíase co dominio do partido con chegadas timidas a área de Cortegoso que propiciaban ocasións dende o córner. De feito nunha delas, Make remataría só no área un balón que entraría na portería choqueira, adiantándose así o conxunto do RC Villlalbés. Corría o minuto 19.

A reacción por parte do bloque choqueiro chegou de inmediato, cun bo cotraataque do equipo que remata Edu Otero dende o borde do área pero sen premio para os de Gonza. Insitía o equipo local na área visitante, nesta ocasión cunha chegada de Yerai cuxo tiro vaise pola esquina do campo e nesta embestida sobre a portería de Javi Rumbo chegaría o gol de Félix que chegaba para empatar o partido.

Un gol que nacería dunha xogada combinada pola banda dereita na que participarían Mario, Caloi e Yerai e coa chegada en carreira de Félix tira dende o punto de penalti e sube o tanto choqueiro para ledicia dos siareiros que e achegaron ao campo. O reloxo marcaba o minuto 25.

Sen moitas xogadas máis que salentar, chegaba o tempo de lecer.

Final do primeiro tempo CD Choco 1- 1 RC Villalbés

 Tralo paso por vestiarios a tónica dos primeiros minutos do segundo tempo era a mesma que na primeira parte. O RC Villalbes xogaban balóns en largo, e saques de banda ao área entrementes ao choco costáballe un pouco facerse co control do esférico.

As primeiras aproximacións chegaban por parte do Villalbés pero sen consecuencias e unhas poucas menos por parte do equipo local. A máis clara destes primeiros minutos chegaría por parte do RC Villalbés, José Varela pola banda dereita centra a Cuadrado e Cortegoso despexa ao córner.

Pasaba o tempo no Santa Mariña sen maiores consecuencias para ningún dos bloques. Chegadas termerosas por parte dos dous equipos até que Félix conseguiría o doblete e polo tanto o segundo para o seu equipo ben entrada a segunda metade tras un bo centro de Mario dende a banda dereita á línea de medios e que Félix remata sen temor, gañando a partida ao cancerbeiro do Villalbés.

Poñíanse ben as cousas para os de Gonza que seguían insitindo en busca do gol da tranquilidade que chegaría de falta e cuxo autor seria Mario García. Corría o minuto 42 do segundo tempo, polo que xa case sentenciado o partido, o equipo visitante quemaría os últimos cartuchos con chegadas nos derradeiros minutos mais o luminoso non cambio de díxito.

Final do partido: CD Choco 3- 1 RC Villalbés