E con esta intención viaxa, na súa segunda saída consecutiva, a Somoza sonde lle espera un rival o UD Somozas, con ganas de recuperar a dinámica tan boa que levaba até a xornada pasada onde caeu derrotado logo de 7 xornadas sen perder.

Novo desprazamento para o CD Choco. Nesta xornada, Somozas é o seu destino e o UD Somozas o seur rival. E de novo, unha semana máis os choqueiros o teñen claro “viaxamos coa intención de sumar” porque para Gonza, o técnico do Mougás, e capitán da naviera redondelana, “todo o que sexa sumar fóra da casa é moi bo”.

Aínda son moitos os puntos que están en xogo así que pasiño a pasiño, Gonza, vai facendo un camiiño que é “a línea a seguir” onde o que importa nesta primeira volta é “sumar o maior número de puntos e seguir compitindo fóra da casa como o estamos a facer”. O plantel vermello vai loitar polos tres puntos pero non asemella doado polo competida que está a ser a competición.

Pero antes de sumar terán que pasar 90 minutos nun campo e ante un rival moi compricados, condicións de abondo para o esforzo do equipo así que Gonza só espera que “as condicións climatolóxicas non afecten demasiado ao xogo”. Logo o rival que aínda que ven de perder a xornada pasada contra o CD Lugo B pola mínima (1-0) Gonza nos advirte que é un equipo que “ven dunha racha de resultados moi boa” polo que querrán recuperar a senda da vitoria para volver a esa dinámica tan boa “e que tan difícil é nesta categoría”. E que non hai que esquecer que o UD Somozas non coñecía a derrota dende a xornada 4.

Situado na undécima posición da táboa clasificatoria con 14 puntos, son 5 os postos que os dista da sexta posición que ocupa o CD Choco e 7 os puntos.

Gonza a pesar de confiar nos seus xogadores “levo unha convocatoria moi competitiva” non puido contar con todo o plantel para facer a lista na que finalmente non entraron Mario, que se resintiu nun adestramento e xa causo baixa na pasada xornada xunto a Yerai, que está lesionado dende o partido contra o Aousa e Yago Vázquez.

O partido xogarase o Domingo ás 17.00 horas no Campo Municipal Manuel Candocia.