Un gol tempraneiro no inicio da segunda parte tronca a oportunidade de cambiar a racha dos choqueiros, 

A hora as 17.30, día Domingo e Campo o Municipal Sta Mariña. Os dous equipos citados o CD Choco e o CSD Arzúa que xogaban a 9ª xornada da liga. Xa Gonzalo o adiantara na previa, para os choqueiros era un partido importante no sentido de recuperar boas sensacións e a senda da vitoria que nas dúas últimas xornadas se lles resistía.

Saltaban ao campo polos choqueiros, Cortegoso, Baixo paos, Mario, Aitor, Yago, Vitra, Valoi, Yerai, Sergio Santos, Adrían, Félix e Tomás Abelleira. Tamén disporían de minutos de xogo Alberto Suárez, Comis e Martín.

Entrementres que Alberto López, adestrador do CSD Arzúa, optaba por Israel en portería, Israel Pérez, Alejandro Vázquez, Edgar, Marcos, Iker Hurtado, Álvaro, Diego Fernando, Willian e Alejandro Ramos. Disfrutarían de minutos no segundo tempo Alejandró Pérez, Diego Quintas e Brais.

Con todos os xogadores preparados daba comenzo un partido que xa nos primeiros compases deixaban claras ás intencións dos dous conxuntos. Ningún deixaría escapar os 3 puntos desta xornada que se lles presentaban importantes logo da derrota da derradeira xornada. Se ben os visitantes comezaron sorprender a Cortegoso cos primeiros tiros a súa portería, o plantel redondelano foi meténdose no partido até que conseguiu o dominio e empezou a por entre as cordas ao gardameta arzuano. Pero como a sorte tamén hai que tentala despois dunha xogada de Yerai que buscaba o centro de Félix que non chega ao balón, que puxo de pé a afición que se achegou a Sta Mariña, chegaría na seguinte o primiero tanto do partido adiantando Fernando ao equipo arzuano.

Non pintaban moi ben as cousas para o equipo local que lexos de aminalarse veuse enriba e comenzou a abatida sobre Israel con continuas ocasión para empatar o partido. Yerai, Adrián o Tomás foron algúns dos xogadores que buscaban a reconciliación co gol pero sería finalmente Aitor quen subiría o empate ao marcador redondelano. Corría o minuto 35.

Aínda con tempo para moito os de Gonzalo seguiron buscando ampliar distancias no marcador pero chegarían ao tempo de recreo con o 1 a 1 no taboeiro.

FINAL DA PRIMEIRA MITADE: CD CHOCO 1- 1 CDS ARZÚA

Tralo paso por vestiarios, a historia repetíase en canto a primeira metade. Aínda que o bloque redondelano parecía levar a iniciativa do xogo, serían os arzuanos quenes se adiantarían no marcador no 49’ cun gol de Iker Hurtado que subiría o 1 a 2.

Unha xarra de auga fría para as bancadas choqueiras que aínda non se acomodaran e sentían de novo que tiñan que remar en contra. Pero con tempo todavía para cambiar o signo dun partido que se lle poñia en contra.

A intensidade do encontro decrecía co pase dos minutos, un Arzúa intentado defender o resultado que ata o momento lle favorecía e o Choco a quen parecía poderlle más a ansiedade pola búsqueda do empate. As ocasións sucedíanse para ambos bloques, o arzuano Iker Hurtado sería que máis perigo ocasionaría na portería choqueira. Sabedores de que o cronómetro corría na súa contra o plantel vermello insistía na portería Arzuana, pero sen resultado positivo para os seus intereses.

A última oportunidade para logralo empate sería para Comis pero o seu tiro iriase alto.

FINAL DO PARTIDO CD CHOCO 1- 2 CSD ARZÚA