O tanto de Fran Monroy que valía o empate choqueiro non serviu para 
sumar, 1-2 foi o resultado final do encontro contra o CD Estradense

Chegaba o CD Choco a esta xornada coa intención de continuar a senda da victoria logo dunha semana sen competición o que asemellaba máis complicado do habitual porque o ritmo no é o mesmo. Pero sen excusa algunha comezaba o encontro logo de gardar un minuto por un dos aficionados choqueiros Telmo e un ex- utillero da casa, Cándido Lareira.

Gonzalo Fernández elixía como 11 de inicio a Cortegoso, baixo paos, Samu, Elías, Comis, Caloi, Davo, Ranca, Fran Moroy, Guille, Iano e Mario aínda que no 7’ do partido Davo tería que abanodar o terreo de xogo lesionado e no seu lugar entraría Álex Doval.

Por parte do CD Estradense saltarían ao campo: Coke, na portería, Brais Calvo, Ander, Edu, Juanin, Martínez Sánchez, Carabán, Javicho, Brais Vidán, Álex Ube, e Porrúa.

Con todo disposoto nas bancadas e coas bancadas cheas dentro do límite do aforo comezaba o encontro co habitual tanteo entre os dous bloques. As idas e venidas sucedíanse a ámablas dúas áreas, pero sen xerar verdadeiro perigo.

Pero aínda así, nunha saída adianta de Cortegoso sería aproveitada por Juanmi para marcar o 0-1 do partido.

Tocaba remar con luminoso en contra, algo ao que parecen estar acostumados os xogadores choqueiros e unha vez máis non defraudaron, eso sí creando ocasións fieles ao seu xogo pero sen rentabilizar ditas ocasións. A máis notable do primeiro tempo foi unha finalización de Fran Monroy que ben puido cambiar o sino do partido antes do tempo de lecer.

Final da primeira parte: CD Choco 0-1 CD Estradense

A segunda metade comezaría cun CD Choco que propoñía e un CD Estradense que intentaba rentabilizar o 0-1 colleitado nos inicios do primeiro tempo. Con ocasións para os dous bloques, e un partido bastante igualado, rompería o encontro aquel que fose capaz de materializar algunha dos achegamentos ao área rival.

E así o fixo o CD Choco, por medio dunha boa xogada protagonizada por Fran Monroy que chegou ao área rival, veu e bateu ao cancerbeiro estradense subindo o empate ao marcador. Mais a ledicia duraría pouco pois logo do saque do centro chegaría un novo tanto do CD Estradense, materializado de novo por Juanmi que volveria a por en ventaxa aos seus co 1-2 no luminoso.

A partir de entón o partido converteuse nunha intentona dos locais por dar volta ao marcador entrementres o equipo visitante intentaba salvarguardar o resultado que lle vaía tres puntos.

Final do partido: CD Choco 1-2 CD Estradense.