Ata en 3 ocasións o plantel choqueiro tivo que remar co marcador adverso. 3- 3 foi o resultado final dun partido que mantivo en vilo a bancada até os minutos finais  

Esta tarde o CD Choco recibía en Santa Mariña a un equipo chamado a estar nos postos altos da clasificación. O terceiro clasificado e o quinto mediríanse no campos afín de recortar distancias ou aumentalas, segundo o caso pois aínda que son os dos postos de diferencia tan só un punto é o que os separaba.

Esperábase un partido emocionante e as expectativas da afición que se achegou as instalacións redondelanas véronse cumpridas. Goles, emoción, intensidade, boas xogadas… todos os ingredientes mesturánrose na súa medida exacta para convertir unha desapacible tarde de inverno en unha xornada futbolística de alto nivel.

Coas bancadas cheas, saltaban ao campo polo CD Choco: o cancerbeiro David Cortegoso, Mario, Aitor, Yago Vázquez, Vitra, Alberto Suárez, Yerai, Caloi, Adrián Rodríguez, Félix e Sergio Santos. Tamén disporían de minutos Comis, Tomás Abelleira e Monchito.

Polas filas arousanas Manu Taboas, Javi Fontán, Coti, Pedro García, Trapero, Iago Martínez, Javi Otero, Jorge Saez, Pedro Beda, Julio Rey e Suso. Na segunda metade entrarían Cisoo, Pacheco.

Con todos os protagonistas no terreo de xogo dou comezo o partido que pronto poría entre as cordas o plantel bermello co gol tempraneiro de Suso no minuto 3 que adiantaba aos de O Arosa. Co marcador en contra os de Gonzalo non se deixaron levar polos malos presaxios que sempre conleva o remar en contra aínda que lles costou o dominio do encontro nestes primeiros minutos. Non sería case até o minuto 18 cando os choqueiros chegasen de forma clara á portería dos de Vilagarcía que nunha mesma xogada tiraron 3 veces sen poder batir a Manu Taboas. A partir de entonces, foron facéndose coa batuta do encontro buscando o empate por sendos tiros de Caloi e Yerai. E como quen a segue a consegue no 31 chegou o ansiado empate para o equipo redondelano cun gol de Adrián Rodríguez. Aínda que a alegría durou pouco xa que cinco minutos despois Pedro Beda adiantaría de novo aos seus.

Era pouco o tempo que restaba para irse a vestiarios en 1-2 rezaba o marcador choqueiro e aínda que parecía que os visitantes chegarían ao descanso cunha ventaxa no marcador, encima do tempo cumplido Alberto Suárez enmudeceu, nun inicio, en arrancou os aplausos, logo, cun gol que levantou a bancada por completo. E con este sabor dulce de boca ambos equipos disfrutaron do tempo de lecer.

Final da primeira metade: CD Choco 2- 2 Aorsa SC

 Despois do tempo de recreo daba comezo un segundo tempo no que todo estaba por dicir. Co marcador en táboas calquera dos dous conxuntos podían levarse o premio. Aínda sen tempo para acomodarse nas gradas, un gol de Julio Rey caería como un xarro de auga fría na afición choqueira. A choiva que caía non era comparable ao chaparrón do gol arousano. Parecía que a historia da primeira parte repetiríase. Co 3-2 no marcador, os de Vilagarcía aproveitaron a conxetura de verse por diante para dominar no xogo con chegadas á portería de Cortegoso, que non tiveron recompensa. Pouco a pouco os choqueiros foron meténdose máis no encontro e case no ecuador do tempo Adrián subiría o empate ao marcador de penalti.

De novo parecía dar comezo a un novo partido no que nesta ocasión dirixiu o CD Choco, aínda que os de O Arosa tamén tiveron algunha ocasión para adiantarse no resultado máis a clara, en tempo de desconso, saliu das votas de Monchito que apiques estivo de cambiar o titular da nosa crónica.

Final del partido: CD Choco 3-3 Arosa SC

 Reparto de puntos en Santa Mariña o CD Choco ocupa o sexto posto da clasificación con 20 puntos