Abertos os plazos de inscripción para formar parte da familia choqueira.

Que a base choqueira é a pedra angular do CD Choco non cabe dúbida. Cada tempada a directiva da entidade deportiva auna esforzos para mellorar e lograr que cada vez sexa mellor a formación. Para proba a incorporación de David Cortegoso no corpo técnico de adestradores de porteiros e o proxecto de crear un equipo feminino. E que se algo ten claro á directiva do club redondelano é que na base está o futuro do deporte a corto, medio e longo plazo.

O traballo que están a realizar dende todolos estamentos do clube, están a dar os seus froitos pois non podemos esquecer que sin ir máis lonxe este ano o equipo Xuvenil fixo historia có ascenso a División de Honor, categoría na que competirá esta próxima tempada. Pero ademáis do Xuvenil tamén conseguiron os ascenso o Infantil B e o Cadete B a Primera Autonómica. Tampouco fixeron mal curso o Cadete A e o Xuvenil B quenes se quedaron sen disfrutar da disputa da fase de ascenso pola situación pandémica do noso país. E como non podería ser menos, non debemos esquecernos do Benxamín A que foi campion invicto pero que pola anulación da competición, polas situación anteriormente citada, non puideron consumar o ascenso á máxima categoría.

Se ben é certo que os resultados son importantes dende o club fai fincapé na importancia da transferencia de coñecementos, según categorías, e dos valores deportivos que sempre axudan ao crecemento do rapaz tanto a nivel deportivo e como persoa.

Esta tempada o Club Deportivo Choco da un pasiño máis cara adiante coa creación dun equipo feminino por ese afán de seguir crecendo como entidade deportiva e para cubrir todalas demandas que chegaban ás oficinas do club; como era a do equipo feminino.

Nun principio configuraríanse, según demanda, dous equipos: un de fúbol 8 para nenas nadas entre o 2009-2014;  e un de fútbol 11 para as nadas en 2007-2008.

INSCRIPCIÓN

Dende hai uns días abriuse o prazo de inscripción para xa ir formando os equipos de cara a esta tempada.  Debido as medidas de seguridade tomadas polo club polo Covid- 19, o proceso se fará ou ben chamando ao número 670 965 826 (en horario de 16.00-20.30 h) ou por medio do correo electrónico C.D.CHOCO@hotmail.com

video promoción femenino