A cita é hoxe domingo día 1, ás 17.00 horas en Santa Mariña.

Este domingo, o CD Choco recbibe ao CD Arenteiro ás 17.00 horas en Santa Mariña. Logo da derrota ante o Ribadumia o equipo dirixido por Gonzalo Fernández chega a esta xornada “tranquilo porque estamos adestrando moi ben, temos a sensación de que fomos superiores ao Ribadumia e que a derrota chegou por mor de dous erros puntuais a balón parado”; coméntanos Comis, xogador co que falamos esta semana. Aínda así, o plantel choqueiro é consciente da dificultade añadida que supón o novo formato competicional no que a marxe de erro e moi pequeno; pero isto non lle supón ningún tipo de presión engadida a sabendas de que “temos que intentar conseguir os máximos puntos posibles neste comezo de tempada”.

Unha tempada que ven condicionada pola pandemia sanitaria e na que nese proceso de aprender a vivir co virus está o club redondelano que adotou tódalas medidas establecidas polos organismos competentes se ben é certo que a incerteza de se xogarás a seguinte xornada sempre está latente. Polo resto e logo das dúbidas iniciais no comenzo da competición Comis asegura que “coa normalización desas medidas adotadas, entramos nunha dinámica que asemella a de anos anteriores”.

Centrándonos no rival desta semana do CD Choco.

O CD Arenteiro chega a Santa Mariña nun ‘estado de doce’ logo das dúas vitorias colleitadas nas xornadas anteriores ante o Arousa e Ourense CF. Tiramos de estadísticas dos enfrentamentos entre os dous rivais desta tarde e as cifras decántase a favor do equipo choqueiro, pero Comis recoñece que “non lle dou moita importancia a ese tipo de datos xa que os equipos e as circunstancias cambian moito dun ano para outro, polo que non debemos relaxarnos a pesar de que no pasado conseguísemos bos resultados”.

Comis fálanos de como ve ao rival “a simple vista é o rival que máis e mellor se reforzou da categoría, con xogadores chegados de categorías superiores” razón pola cal o xogador espérase un “un equipo moi físico, presionando moito e moi arriba, e con xogadores de medio campo para arriba con moita calidade e experiencia”. Por isto a clave do partido estará, segundo o xogador redondelá “en ser nós mesmos, ter máis que nunca o balón e o control do partido”.

O plantel vermello intentará sacar rédito ao factor cancha, pois a priori xogar na casa sempre presuponse unha ventaxa. Voltamos as estadísiticas que confirman a regra e así nolo recoñece Comis “durante todos estos anos pasados poucos equipos conseguiron levar de aquí os tres puntos”.

Comis pensa que este domingo os 150 siareiros que reservaron a súa praza para poder ver o encontro verán un partido “moi intenso, con moito ritmo e que seguro vai ser entretido para os afeccionados” e que o plantel choqueiro chega a esta cita “coa confianza de facer un bo partido e conseguir a vitoria”.