No partido deste domingo ás 16.30 horas no Campo de O Carballo ante o U.D Atios.

Chegamos á xornada 17 e con todo por decidir no Grupo Sur da Terceira División. Nada está aínda escrito polo que as xornadas venideiras serán fundamentais para os intereses de cada quen. No caso do Club Deportivo Choco esta semana viaxa ao campo de O Carballo onde lle espera o U.D Atios. As 16.30 é a hora marcada para  unha cita na que os dous equipos chegan sedentos de vitoria.O equipo local o fai cunha derrota colleitada frente ao Ourense CF; entrementes o Choco cun punto a maiores tralo empate contra o Arousa SC. Situados no oitavo e quinto posto respectivamente, tan só 3 puntos distan entre estes dous equipos.

Falamos cun xogador da casa, con Manu Rancaño que está a vivir esta tempada, a pesar de non contar con minutos, “a nivel persoal estou moi contento, estou crecendo e mellorando cada día e desfruto moito cada adestramento e cada partido. Síntome moi cómodo e moi a gusto no equipo, somos un moi bo grupo e temos moi boa relación entre nós”. Adestramentos aos que regresaron esta semana “o equipo estivo adestrando moi ben, con moitas ganas de afrontar o partido e conseguir os 3 puntos”, anda que Rancaño espera “un partido difícil, cun rival moi competitivo no que buscaremos obter os 3 puntos a través de controlar o partido co esférico”. Algo que non sorprende pois si por algo se caracteriza o xogo do CD Choco é polo bo tratamento do coiro e polo seu xogo combinativo .

Dous vellos rivais, dous vellos coñecidos que se volven a medir este domingo 14 de febreiro. No partido de ida firmaron o reparto de puntos tralo empate a 2 e Ranca cree que este partido de volta será “moi semellante ao da ida. O Atios intentará manexar o partido a través do seu estilo de xogo e nós buscaremos o dominio do balón”. E que o xogador coñece moi ben ao rival “un rival complexo, cun xogo dominante que pon os partidos moi difíciles. Viaxamos sabendo que temos que facer moi ben as cousas ben para conseguir a vitoria”. Polo tanto a clave do encontro estará en  que “nós fagamos o noso xogo, o que levamos facendo durante toda a tempada, e en que non concedamos ocasións ao rival para que non nos fagan perigo”.

Complexo rival e complexa a tempada, nos asegura o xogador. E que non hai que esquecer nas condicións que se está a competir nun ano condicionado pola emerxencia sanitaria “este ano é algo máis complexo, xa que case todos os equipos teñen algunha xornada adiada e iso fai difícil saber moi ben en que posto da clasificación estas. Está todo moi apretado e penso que ata a última xornada todo estará por decidir”. Razón pola cal é importante ir partido a partido, os plans a longo prazo son inviables por eso “debemos pensar en seguir sumando puntos e gañando partidos e ao final da liga xa veremos a que aspirar”.