5 xogadoras e 2 xogadores foron convocados pola Selección Galega

Cortegoso e Vitra, os dous xogadores choqueiros atópanse na Cidade do Fútbol de Las Rozas en Madrid concentrados co resto do combinado galego, para disputar eliminatoria da Fase Intermedia da Copa de Regiones UEFA contra a Selección do País Vasco, mañá, mércores ás 10.30 horas.

Asi mesmo, 5 xogadoras da nosa base están convocadas para un adestramento coa Selección Galega. Na sub – 14 o CD Choco estará representado por Naiara Martinez Fernández.  Entrementres na Sub- 11; Naiara Fernández Crespo, Leire Sánchez, Noa Corugeira e Paula Otero, son as elexidas para disfrutar dun adestramento co combinado galego.

Ámbolos dous adestramentos das dúas seleccións terá lugar mañá mércores en Vigo.