1-1 foi o resultado final dun partido no que o CD Choco xogou parte da segunda metade cun 
xogador menos.

Seguía a xornada de fútbol en Santa Mariña. Nesta ocasión, na sesión vespertina se preparaban as instalacións para albergar o encontro entre o CD Choco vs Cd Barco. Un partido moi atractivo en canto a clasificación se refire xa que ambos conxuntos compartían o mesmo número de puntos mais hai que lembrar que os de Gonza teñen un partido menos no seu haber.

Saltaban ao campo por parte do CD Choco: Cortegoso en potería, Samu, Elías, Yago, Claoi, Félix, Antón, Guille, Iano, Óscar e Mario.

Por parte do CD Barco, saltarían ao campo: Oviedo, na portería, Marc Vicente, Pablo Rubio, Omar Navarro, Óscar Martín, Juanito Bazó, De pedro, Rubén García, Vera, Segura e Villar.

Logo dos saúdos iniciais comenzaba un partido no que se imprimía de gran importancia a suma para o CD Choco para non descolgarse dos postos de arriba da clasificación que está moi apretada. Despois do tanteo inicial, o CD Choco nunha xogada entre Félix e Oscar marcaría o primeiro da tarde. Coa ventaxa no marcador os de Gonza seguiría dominando o encontro e levando o control do mesmo tendo todos os factores ao seu favor.

Pero a festa lle duraría poco aos choqueiro pois 8 minutos despois marcaría o empate o xogador Omar. Aínda co 1 a 1 no marcador os choqueiros intentaban seguir dominando ademáis buscaban romper o luminoso ao seu favor. Mario era un dos xogadores que buscaban ese tanto, deposi a tería Félix e Guille mais o marcador non cambiaría de díxitos nesta primeira parte.

Final da primeira parte: CD Choco 1-1 CD Barco

Tralo tempo de lecer saltarían de novo o mesmo once ao campo. Empezaba o equipo local cunha boa xogada entre Mario en Antón na que mostraban a súa intención de non deixar escapar os tres puntos, pero non atinaron dentro da portería rival. De novo Guille, que firmou un bo partido, buscaría ser o autor do tanto da vitoria.

No 66 Mario sería expulsado por dobre cartón amarelo o que obrigaría a cambiar o sistema de Gonza. Entraría en lugar de Oscar, Davicin e logo Doval por Félix mais logo das ocasións creadas por ambos equipos o resutlado non se movería.

Cuarto empate consecutivo do CD Choco nas catro últimas xornada

Final do partido CD Choco 1-1 CD Barco.