1-1 foi o resultado final no choque entre o CD Choco e o Alondras CF.

Comezaba o partido entre o CD Choco e o Alondras CF cunha estampa pouco habitual en Santa Mariña; coas gradas baleiras; co fin de seguir os protolocos sanitarios polo Covid.

Logo do tanteo entre os dous equipos nos primeiros intres do partido, comezaron as chegadas timidas dos equipos ás porterías contrarias, ainda que a presión en medio campo imposibilitaba os achegamentos comodos que puxesen en perigo a sendos porteiros. O CD Choco desaproveitaría as dúas xogadas a balón parado dende o saque de esquina que a penas ocasionaron perigo ao porteiro rival. Corría o minuto 15 e o luminoso non cambiaría de dixito. No 20’ o Alondras tería a máis clara para estrear o marcador, pero a madeira interporíase entre o xogador e o gol.

As ocasións chegarían en xogadas a balón parado pero que ningún dos dous equipo foron quen de materializalas; polo que a primeira mitade chegaría ao seu fin sen goles no marcador.

Final da primeira parte CD Choco 0- 0 Alondras CF

Tras pasar polos vestiarios logo do tempo de recreo saltaban de novo ambolos dous equipos ao campo de Santa Mariña. Unha segunda parte que, a priori, preveíase igual que a primeira, pero sen embargo, foi na que chegaron os goles. A piques se cumpliron 40 segundos deste segundo tempo e o Alondras materializaría unha falta no borde do área adiantandoos no marcador. O Alondras collía o control no luminoso na primeira xogada desta segunda parte.

Doce minutos máis tarde chegaría o empate do CD Choco cun tanto de Martin. Un gol que lle daba aire aos de Gonza que tiveron algunha ocasión nos seguintes minutos. Dous goles tempraneiros que facía pensar nuns 45 minutos que prometían non tanto en intensidade de xogo como en cantidade de goles, nun partido con ritmo y que os xogadores de ambolos dous bloques afanábanse por manter vivo.

O CD Choco insistía na portería contrario por medio de novo de Martin quen se achegaba á portería rival pero sen angulo para un tiro certeiro., logo de Rancaño cun tiro dende fóra do área que se foi alta e por último de Nelson, cuxo tiro foise alto. Os de o Alondras tamén tiveron as súas, pero co marcador con empate a 1 chegaríase ao final dun partido no que o importante máis co resultado foi ver a conxunción entre os xogadores dun vestiario con bastantes caras novas, na que se viron detalles que prometen así como as gañas de competir de todo o plantel choqueiro.

Final do partido: CD Choco 1- 1 Alondras CF

Este sábado as 11.30 h os de Gonza volverán a xogar un amistoso, nesta ocasión no Campo do Vao contra o Coruxo FC, no que será o seu segundo partido desta pretempada.