Contundente vitoria dos de Gonza Fernández ante o Silva SD por 6-0

Con contundencia, así lograba o CD Choco un pase para xogar a fase de ascenso a 2ª RFEF, logo de vencer ao Silva SD por 6 goles a 0.  Abriría a saca Martin Rafael no minuto 20 para seguir ampliando o marcador Fran Monroy, no 40, e Davicin no 45’, nun partido no que o plantel vermello foi quen dominou o encontro de principio a fin.

Con 3-0 chegaba o tempo de recreo nunha Santa Mariña sen a penas asientos baleiros demostrando unha vez máis o seu apoio ao equipo.

Aínda restaban 45 minutos nos que todo podía pasar, o CD Choco seguiu ampliando a distancia no marcador con goles de Alberto; no minuto 65; dous minutos despois sería Samu quen anotase; para aparecer de novo en escena, Davicin para subir o sexto e definitvo á conta choqueira.

Coa xornada de onte ponse fin a segunda fase desta tempada na que o CD Choco mostrou ser un equipo duro de bater, conseguindo 5 vitorias e un empate. Chegando pois, a disputa do Play Off sen coñecer a derrota.

Logo do pitido final os xogadores, CT, e directiva, enfundados nunha camiseta que rezaba Non hai 2 sen 3, Play Off a Segunda B RFEF, agradeceron a todolos siareiros o apoio durante toda a tempada. Unha tempada que o CD Choco pechará con letras capitulares pois sendo su obxectivo a permanencia, conseguiu de novo clasificarse para disputar o seu terceiro play off.

Logo de meses de presión, de sacrificio, de incertidume e sobre todo de moito traballo por parte da familia choqueira, finalmente o club logrou sobrevivir a unha tempada  que puido ser de todo menos doada.  Aos comenzos da mesma se veía xa de por sí compricada polo novo formato e polos estragos que a nivel económico provocou a pandemia, pero a medida que ía evolucionando a competición máis negro se veía o futuro non só a nivel competicional senón tamén de supervivencia de moitos dos clubes, quenes veían como os gastos medraban a medida que os ingresos facían o contrario, baixaban. Falta de patrocinios, de ingresos de cantina, gastos das medidas anti- covid….

Por iso é pertinente recoñecer o traballo de toda a familiar choqueira e quizás a clasificación de onte para a disputa do play off sexa a recompensa a súa labor durante todos estes meses.

Aínda non se sabe o rival ao que se terá que enfrontar o CD Choco como tampoco a data do primeiro partido pois aínda queda por disputar un partido adiado por positivo nun dos planteis. Pero o que sí xa se sabe é que o partido disputaráse na casa do mellor clasificado, neste caso ao de Gonza sempre lles tocaría xogar fóra de Santa Mariña, as eliminatorias serán a partido único, e o que non haberá serán penaltis pero sí prórroga; polo tanto en caso de continuar a táboa no marcador a vitoria sería de novo para o mellor clasificado. Dificultosa situación para o equipo redondelá pero non imposible. Un equipo acostumado a remar en contra, que non se crece antes as adversidades, e ao marxe de que consigan o non clasificarse o que sí e seguro que, nos farán gozar como sempre.