Un gol no minuto 9 do UD Somozas trunca as aspiracións do equipo choqueiro

A expedición vermella chegaba a Somozas para disputar a primeira eliminatoria da fase de ascenso a 2ª RFEF. Unha eliminatoria que viña condicionada polo parón por un positivo por Covid no plantel e sen tempo para adestrar e preparar tan importante encontro, aínda así plantaron cara as adversidades e chegaron a Somozas coa respondabilidade de pelexar por a vitoria. Mais non puido ser. o gol de Marcos Álvarez no minuto 9 poría fin ao sono do ascenso.

As 20.00 horas en punto daba comezo o partido cun 11 titular por parte da UD Somozas formado por: Souto, Pacheco, Cabarcos, Garrido Leira, Chacón, Toni. Luis Nuño, Marcos Álvarez, Josito e Pablo Rey. Entrementres Gonzalo Fernández sacaba toda a súa artillería con Cortegoso, baixo paos, Samu, Elías, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Davo, Martín, Monroy, Guille e Mario. Tamén disporían de minutos Félix, que entraría no 20’ trala lesión de Mario, Oscar Gil e Jar.

Comeza o encontro cun Choco moi enchufado, pois so equipo choqueiro so lle valía unha vitoria, pola ventaxa clasificatoria do equipo rival. E pronto se fixo dono na posesión do coiro máis a primeiro achegamento con perigo chegaría nos cinco primeiros minutos, para os de Somozas cun tiro dende fóra do área que se vai fóra por moi pouco. E catro minutos despois, Marcos Álvarez anotaría o único tanto do encontro que lle serviría para conseguir o billete de cara as semifinais.

Tralo tanto os de Gonza non se amilanaron e seguiron buscando un tanto que non chegaría. Davo tería até en duas ocasións o empate nos seus pés máis non foi quen de batir a Souto. O partido crecía en intensidade. O Choco arriscaba mentres os de Somozas intentaban salvar a situación e a ventaxa no marcador. O tempo corría en contra dos intereses choqueiros. Félix buscaba o tanto, un gol que non chegaría e o que sí o faría sería o tempo de lecer.

Final do primeiro tempo: UD Somozas 1-0 CD Choco

Trala volta á escena, a historia se repetiría. Os de Fernández intentaban forzar a prórroga para ter algunha posibilidade de aproximarse as semifinais e aínda que Felix, Monroy, Caloi, Martin o Davo tieveron aproximacións que ben poderían materializar finalmente non o fxeron e o luminoso de Somozas non mudou de díxitos.

Con partido de onte o Sénior pon punto final a un curso atípico. Unha tempada que se fixo longa pola incertidume, polos paróns e en definitiva pola situación anómala na que se disputou a competición. Demasiadas dificultades para un equipo que a pesar de todo asinou unha tempada brillante.