1-3 foi o resultado final. O equipo redondelano adiantaríase cun gol de Martín

O CD Choco di adeus á Copa Diputación na primeira eliminatoria tras perder o partido disputado na tarde de onte ante o CD Pontellas por 1 gol a 6.

O partido comezaría con pouco ritmo pero a intensidade foina adquirindo co pase dos minutos. Un primeiro tempo no que a penas ningún dos dous equipos contarían con ocasións claras, remataría sen goles, deixando toda emoción para a segunda parte.

Tralo pase por vestiarios, os dous equipos saíron máis metidos no xogo, ambolos dous buscaban ese tanto que rompese o marcador ao seu favor e que lle poría as cousas favorables para o pase á seguinte fase.

O plantel redondelano, quen dominou parte do encontro, estrearía o luminoso cun tanto de Martín ao inicio do segundo tempo. Co 1-0 favorable, os de Porriño intensificaron a súas embestidas cara a portería do xove gardameta Sergio, de feito éste salvaría ao equipo do empate nos primeiros achegamentos perigosos do rival.

Mais no minuto 71 chegaría o temido empate que ben podería cámbialo signo do partido e así foi. Nove minutos máis tarde chegaría o segundo do equipo visitante, de penalti, para sentenciar no minuto 88 a eliminatoria co derradeiro tanto porriñés.