O punto colleitado esta tarde contra o RC Villalbés permítelle seguir na loita por unha 
plaza no play off.

Esta fin de semana xogábase a quinta xornada da segunda fase na que a priori podíanse definir as plazas da fase de ascenso. Pero en contra do previsto nada quedou escrito e haberá que esperar a derradeira, do 9 de maio, para saber que dous equipos xogarán o play á 2ºB RFEF.

O CD Choco viaxaba a Villalba coa intención de puntuar para seguir con opcións nesta loita. Tocáballe enfrontarse a un dos rivais que máis opcións tiña xunto co o Estrandense co cal compartía liderato.

O RC Villalbés sairía con Javi Rumbo, baixo paos, Diego López, Buyo, Verez, Muíña, Javi Varela, Jose Varela, Make, Sandá, Dani Pedrosa e Santi Gegunde. Angel e Rares serían os dous cambios locais

Gonza optaría por Kevin, na portería, Guille, Davicin, Yago Vázquez, Comis, Caloi, Fran Monroy, Martín , Alberto Suárez, Elías e Iano. Tamén disporían de minutos Antón, Samu, Félix, e Oscar Gil.

O CD Choco, fiel ao seus estilo, xa nos primeiros compases do partido intentaría adiantarse no marcador cunha ocasión clara de Davo, que intentaba sorprender cun tiro cruzado que se vai polo lateral. O equipo local tamén tería as súas oportunidades pero sen resultado positivo para os seus intereses.

Coas idas e venidas chegaríamos ao minuto final desta primeira parte que finalizaría de doce para os choqueiros tras un golazo de falta de Martín Rafael que rompería a saca para os seus cumpridos os 45 minutos.

Sen tempo para sacar de centro chegaría o tempo de lecer.

Final do primeiro tempo: RC Villalbés 0- 1 CD Choco.

Logo do tempo de recreo, o Villalbés sairía buscando o empate o que conseguiron aos 10 minutos do segundo tempo tras un falta dende lateral, que logo de varios rexeites o balón caeríalle a Dani Pedrosa quen subiría o empate ao marcador.

A partir do empate o CD Choco aguantou a embestida local pero logo duns minutos de dominio rival, volveron a coller o control do partido e a xerar ocasións as cales non foron quenes de materializar e só puideron sumar de un.

A nota negativa a puxo a lesión de Yago Vázquez nun disputa aéra dun balón co porteiro local, tendo que ser retirado do campo en padiola polos servicios sanitarios. Agardamos que quede nun susto e desexámoslle unha pronta recuperación.

Final do encontro: RC Villalbés 1- 1 CD Choco.