Coma un chorro de auga fría caeu o gol de Cuadrado ao conxunto redondelano cando xa parecía que o partido terminaría en táboas. 0-1 foi o resultado final dun encontro no que a balanza puido caer de calquera lado, aínda que os locais tiveron máis ocasións de gol, que non souberon rentabilizar.

Se xa de por sí todas a derrotas son dolorosas, sempre o son máis cando se produce na última xogada do último minuto do tempo de desconto, e cando xa parecía máis que probable o empate. E así nolo fixo saber o adestrador do conxunto redondelano, Gonza, ao término do encontro “esta derrota doe por cómo se deu xa que te quedas sen opcións”.

Ao inicio do encontro saltaban ao campo o seguinte once inicial por parte do RC Villalbés: Javi Pita, baixo paos, López, David Buyo, Vérez, Josito, Javi Varela, Jose Varela, Make, Cuadrado, Sanda e Diego Rey. Na segunda metade terían tamén o seu tempo de xogo, Ángel, Sito e Moreda.

Por parte do bloque redondelano o faría Cortegoso, Yago, Diego Abal, Aitor, Vitras, Aberto, Martín Rafael, Sergio Santos, Adrián, Félix e Tomás Abelleira. E na segunda metade disporían de minutos Reguera, Monchito e Rancaño.

Durante a primeira metade, un Choco dubitativo concedería algunhas licencias que serían aproveitadas polos xogadores villalbeses que non souberon aproveitar para adiantarse no marcador. Os xogadores choqueiros, pola súa parte, tamén tiveron a súas ocasións de gol que tanto a madeira como o gardameta local, Javi Pita, evitaron.

O plantel vermello sabía que A Magdalena era un campo moi complicado polo que o sufrimento durante os 90 minutos non lles colleu de sorpresa nin a xogadores nin ao corpo técnico “creo que sufrimos, aínda que sabíamos que así sería, porque víñamos cunha convocatoria moi xusta”. Certo é, a enfermería do clube redondelano está chea, de feito o técnico de Mougás tivo que tirar de Mario, que sufre unha escordedura no xeonllo e viaxou a Terra Chá coas baixas de Comis, Gabi, Davicín, Calo y Yerai.

Lucenses e redondelanos chagarían ao tempo de recreo sen estrear o marcador.

Despois de pasar polo vestiario a historia repetiríase. Os locais levando a batuta dun encontro, aínda que os de Redondela sairon máis enchufados e crearon máis ocasións de gol. Pero os de Vilalba non se amilanaron e intentaban pór en apuros ao gardamenta Cortegoso quen salvaría ao seu equipo en varias ocasións, nas que a bancada e xiareiros do Racing Club Vilalbés se lamentaban da ocasión errada. Con respecto ao cancerbeiro choqueiro, Gonza non tivo ningunha dúbida a hora de sinalar que  “Cortegoso é un xogador moi importante para nós” e en especial en partidos coma os de hoxe “onde nos sacaron tanto de centro, con tanto remate no área…, en definitiva, nun partido tan incómodo no que non tivemos moito o balón”, Cortegoso “fixo un partidazo”.

Os minutos pasaban e os goles que non chegaban. A medida que ía transcurrindo o tempo xa de desconto, as ganas duns e doutros, locais e visitantes, eran maiores, pero nesta ocasión cando xa se preveía un reparto de puntos apareceu o xogador Cuadrado nun remate dende dentro do área para pór, sobre o pitido final, na que sería a última xogada do partido o 1 a 0 que sepultaba os puntos no Magdalena. Ao respecto Gonza recoñece que “o empate sería moi bó para nós e sen embargo ao final nos vamos de vacío

Final: RC Villalbés 1- 0 CD Choco

Desta maneira o CD Choco, tras a segunda derrota da tempada, sitúase en quinta posición empatado a puntos co Arosa SC e o CD Barco nunha clasificación liderada polo Ourense CF.

Os xogadores do CD Choco regresarán mañá ós adestramentos porque “hai que levantarse e a seguir traballando. Mañá empezamos a preparar o partido contra o Arzúa”. Unha semana de traballo a que ten por diante o bloque choqueiro e na que se espera recuperar algúns dos xogadores lesionados co fin de “poder completar convocatoria”, ansía Gonza.