2-1 foi o resultado no segundo amigable ante o Coruxo FC

Sensacións positivas” comentábanos o adestrador choqueiro, Gonza Fernández ao final do amigable no Campo de O Vao, ante o Coruxo FC. Partidos de pretemporada que, aínda que a todos gusta gañar, serven para moito máis que un resultado. En nestas está o Corpo Técnico redondelá que intenta sacar lección de cada uns dos enfrontamentos de pretemporada e así o sinala Gonza “este partido frente ao Coruxo FC serviunos de moito, para aclarar moitas cousas”.

Un encontro na que o CD Choco levou a iniciativa na maior parte do tempo da primeira parte. Logo de cambiar o sistema do inicio foi cando o conxunto redondelá comezou a sufrir, deixouse de encontrar cómodo e é o equipo local quen empeza a dominar o partido, sendo nestes minutos cando chegaron os dous goles que deixarían en desventaxa ao plantel vermello no tempo de descanso.

Final da primeira parte: Coruxo FC 2- 0 CD Choco

Tralo paso polo vestiario, Gonza seguiu facendo probas con cambios de sistema até que lograron sentirse de novo cómodos no campo. “Foi no final do segundo tempo cando logramos recuperar a comodidade e fixemos o gol”. Un gol de Martín Rafael, que de novo volveu a ser o autor do tanto choqueiro, cabe recordar que foi o goleador tamén ante o Alondras o mércores pasado. Un tanto que viña a recortar distancias nun marcador en contra e que ben podeu quedar saldado cum empate de non ser pola erro dende o punto de penaltie de Félix Rial pola boa intervención do cancerbeiro local.

Final do partido: Coruxo FC 2-1 CD Choco.

 Gonza marchábase de O Vao con moi boas sensancións e agradecendo “o esforzo dos xogadores ante un equipo que sempre esixe moito”. O míster redondelá afirma que “estamos en unha boa línea de crecemento”.