Davicin sería o autor dos dous goles choqueiros nun partido que os choqueiros ían perdendo dende o minuto 12 e no que houbo dos penaltisque non subiron ao marcador.

 Por fin chegaba o día no que por fin os futbolistas e os siareiros poderían disfrutar, logo de 7 meses, dun partido. Neste caso a aficción choqueira contaría coa sorte de ver disputar ao seu equipo en Santa Mariña.

O esforzo de toda a directiva e traballadores da entidade redondelana tiñan xa todo preparado de acordo co protocolo sanitario, para que o partido trascurrese sen ningún sobresalto, nunha xornada na que só tiveron acceso as instalacións redondelanas os abonados pola gran demanda de reserva de asentos durante toda a semana.

Con todos estes preparativos previos daba comezo a primeira xornada de liga, entre o CD Choco e Rápido de Bouzas.

No 11 de inicio do equipo Choqueiro: Cortegoso baixo paos, Samu, Elías, Yao, Alberto Suárez, Davicin, Félix, Martn, Rnaca, Iano e Mario aínda que tamén disporían de minutos, Comis, Óscar Gil e Yerai.

Por parte do Rápido de Bouzas o once de inicio estaba formado por Alex Vila, Juan Barbeito, Aram, Iago Martínez, Alex Rey, Pablo Lede. Adrián Carlos Pereira, Ruben Martínez, Jesús Barbeito e Alberto Rey.

Logo dos saúdos iniciais comezaba un partido intenso dende os inicios; no que o equipo visitante avisaría xa da súa intencionalidade de levarse os tres puntos ou polo menos, non poñelo fácil ao equipo redondelá, cunha primeira chegada que despexaría finalmente Cortegoso.

Tras esta primeira xogada as idas e venidas de ámbolos dous equipos sucedíanse con continuidade sen que ningún dos dous se decantase por coller a batuta e o dominio do partido. Sen ocasións claras de gol, o partido sabíase que se resolvería por pequenos detalles e no minuto 12 logo dunha falta en medio campo que o Rápido de Bouzas xogaría cun tiro directo rexietado por Cortegoso, sería este rexeite o que aproveitaría Rubén Martínez para marcar un único tanto desta primeira parte.

Un tanto que motivou, para salvarguardar a ventaxa no marcador,  que os de Bouzas cerrasen aos choqueiros no medio evitando así o pases interiores dos redondelás que se verían obrigados a xogar en longo.

Así as cousas os choqueiros chegaron en varias ocasións a portería do Bouzas pero no foron quenes de materializar ningunha

Fin da primeira parte chegaría co 0-1

 Tralo pase por vestiarios o partido creceu en intensidade. Veíase a un Choco maís metido dende que saltou en campo en pro de salvar un encontro que tiñan até ese momento perdido, pero con 45 minutos por diante para remontalo. Insitían os de Gonza sobre a portería de Álex Vilas, as chegada eran continuas mentres que o partido creía tamén en ritmo.

De feito no 60 chegaría o empate despois de un penalti a Martin, que tiraría Félix e que Vilas rexeitaría pero Davicin remataría dentro das redes para subir o 1-1.

Co empate no marcador os choqueiros seguían buscando a primeira vitoria da tempada no seu estreo en Santa Mariña. Martin, David o Iano terían algunhas das ocasións para adiantar ao seus pero de novo, sería Davicin quen marcaría o seguno a 4 minutos do final cun tiro potente ante o que Vila non pudo facer nada. Un minutos antes sería os do Bouzas quenes terían a oportunidade de levarse os tres puntos se Cortegoso non parase o penalti tirado por Fondevila.

Final do partido: CD Choco 2-1 Rápido de Bouzas