4 foron os tantos choqueiros en A Grela asinados por Iano, Fran Monroy e 
Martin (x2)

Imparable está o CD Choco nesta carreira a contrarreloxo na loita polas dúas prazas do play off.  Un triple empate nos tres postos de arriba no que os de Gonza Fernández comparten praza con o Villalbés e o Estradense.

Chegaba ao campo de A Grela o CD Choco coa intención de sumar de 3 e así o cumpriu. As 12.30 horas saltaan ao terreo de xogo Ríos, baixo paos, Brais Lema, Jacobo Lazcabo, Fiuza, Souto, Rafa Kun, Manu Orosa, Antonio, Ballesteros, Fabio Callón. Entrementres Kevin, Elias, Yago, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Davo, Martin, Fran Monroy, Guille, Iano. Tamén disfrutaron de minutos Doval, Antón, Rancaño,, Oscar e Jar.

Un partido que dominaron pronto os choqueiros con boas chegadas a área coruñesa aínda que non eran prolíferos nos achegamentos e de feito a primeira ocasión daríase no minuto 5 tras un saque de esquina que remata Guille fora. Os do Silva non lograban rebasar a barreira defensiva que lles permitese crear perigo, mais as ocasión chegarían tamén a balón parado para o equipo local.

No minuto 16 Iano rompería a saca a favor do seu equipo tras un balón a segundo pao de corner e Iano de interior o introduce nas redes coruñesas. Con el 0-1 el dominio fue maior e as chegadas tamén.

No 25 Monroy subiría o segundo tanto choqueiro tras un tiro de Davo que pega no pao, sendo o mesmo xogador quen recolle o rexeite deixándolle o balón de cara ao seu compañeiro Fran Monroy quen non dubida en atinar ao fondo das mallas coruñesas.

O partido estaba de cara para os de Gonza que estaban a facer un encontro serio sen perder a súa esencia de xogo combinativo. Pero unha xogada a balón parado dende o recuncho foi aporveitado polo Silva para acortar distancias no marcador co tanto de Brais Lema.

Parecía que o resultado quedaría así mais no 37 Martín subiría o terceiro para os seus coun tiro certeiro dende preto do área.

Seguía apretando o Choco pero o tempo da primeira parte esgotaríase e chegarían ao tempo de lecer co 1-3.

Final da pirmera metade: Silva SD 1- 3 CD Choco.

 Tralo paso por vestiarios a tónica da primeira metade repetíase. O choco seguía dominando o xogo, posuíndo o esférico e capitaneando o luminoso. Ademáis as ocasións choqueiras eram mais claras  pero sen embargo soamente materializarían a do minuto 82 cun novo tanto de Martin de novo nunha xogada a balón parado dende o recuncho.

1-4 foi o resultado final do encontro pero ben puido ser máis amplo de materializar Davicin, Comis, Doval e Óscar Gil as súas ocasións.

Final do partido: Silva SD 1- 4 CD Choco