Óscar Pérez, segundo adestrador, tamén repite no banquillo redondelá.

O Club Deportivo Choco comeza a perfilar o equipo Sénior na súa oitava tempada consecutiva na Terceira División. Logo da boa campaña no pasado curso no que equipo redondelá acadou o quinto posto e con opcións de meterse no play off de concluirse a competición, o Presidente da entidade deportiva, Iván Crespo, fai pública a renovación de Gonzalo Fernández e Óscar Pérez no banquillo choqueiro. Crespo afirma que foi “unha decisión doada de tomar pola confianza entre ámbalas dúas partes” e admite “ter fe cega no traballo que poda realizar o Corpo Técnico”.

Pola súa parte Gonza e Óscar, mostrábanse moi contentos e ilusionados “por estar un ano máis ao fronte do equipo”, declaraba Gonza logo da presentación. E Oscar afirma sentirse “moi cómodo polas facilidades dadas polo club que sempre nos facilita o noso traballo” e ámbolos dous esperan “facer unha tempada mellor, se cabe, que a pasada”.

Aínda non se baraxan datas para o comenzo do curso ligueiro pero namentres tanto Gonza como Óscar están a perfilar o plantel que na 20/21 defenderá a equipación vermella.