1-3 foi o resultado final do partido contra o CD Estradense. Co doblete de Edu, na primeira metade, e de Jar no 91’ do segundo tempo conseguiron facturar os tres puntos da xornada.  

Xa o comentara Gonzalo Fernández na previa do partido no que O CD Choco viaxa a Estrada para enfrontarse ao equipo da localidade, o CD Estradense, que ““unha vitoria sería achegarnos moitísimo ao obxectivo” e así foi, pois con os 3 puntos acadados esta xornada, supuxo un empuxón clasificatoriamente falando, colocándose en quinto lugar e máis preto da permanencia.

Unha vitoria que se imprimía necesaria no vestiario choqueiro, xa que querían ver recompensado en puntos todo o traballo que levan facendo durante toda a tempada nos adestramentos.

Coa intención de sumar de 3 chegaron a A Estrada, e así o fixeron. Un partido intenso, competido e cun ritmo alto, para delicida dos siareiros que se achegaron ao Municipal Estradense a pesar das inclemencias meterolóxicas que non invitaban a saír da casa. E baixo un manto de choiva e vento saltaban ao campo polo CD Estradense, Cascallar, na porteria, Martín Vilar, Vicente, Juanin, Ander, Martín Sánchez, Javicho, Iván, B. Vidal, Ube e Porrua. Tamén disfrutarían de minutos, B. Calvo, Antón e Ángel.

Entrementres Gonza optaría por Cortegoso, baixo paos, Mario, Aitor, Yago, Vitra, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Edu Otero Sergio e Martín. Tendo tamén os seus minutos na segunda metade, Jar, Tomás e Yerai.

Con todo dispoto dou comezo un partido no que nos primeiros minutos basouse nunhas idas e venidas de ámbolos dous equipos, mais cunha maior posesión do balón do equipo redondelán. Até o minuto 13 non habería unha chegada clara, que sería a de Edu Otero, que xa daba mostras do seu apetito goleador dende o comezo do encontro, pero que Javicho, moi atento, interceptaría o avance do xogador rompendo así todas as posibilidades de perigo. Ante a férrea defensa choqueira o Estradense optaba por tiros en longo sin perigo para os intereses choqueiros.

As chegadas eran tibias por parte dos dous bloques que se sucedían continuamente até que Edu Otero rompería a saca a favor do seu equipo. O gol nacería tralo roubo do balón de Comis que pasa ao lateral esquerdo a Martín sendo este que remataría primeiro e cuxo rexeite non dubidaría en aproveitar Edu batendo a Cascallar, subindo así o primeiro da tarde.

Coa ventaxa no marcador de 0-1 o Cd Choco foise adueñando do partido ante un rival ao que lle estaba a penalizar os erros no campo propio. Tan só dous minutos tiveron que pasar para que Edu Otero firmase un doblete; tras outro robo nos tres cuartos do campo e tras un cara a cara con Cascallar marcaría o segundo do partido, facendo así un doblete que poñía o partido de cara ao seu equipo.

O Estradense apuraría nos derradeiros minutos deste primeiro tempo, pero sen chegadas moi claras aínda que tiveron sendo a máis certera no minuto 27 na que Cortegoso tivo que emplearse a fondo tralo tiro de Porrua.

Con a ventaxe de dous o partido chegaría o final do primeiro tempo.

Final da primeira parte: CD Estradense 0-2 CD Choco

Tralo tempo de recreo, comezaría una segunda metade na que o Estradense daría un pasiño adiante, arriscando na búsqueda de dar a volta a un marcador que xogaba en contra aliado sempre co tempo, que sempre corre demasiado cando o resultado é adverso. De feito, pronto comezaron a avisar que ían loitar por acadar algo positivo desta xornada. Se ben é certo que entre os cambios nos dous equipos que se sucederon simultaneamente e un choque entre Alberto Suárez e Javicho, que parou o encontro e no que o xogador estradense tivo que ser atendido e sair un minutos despois coa cachola vendada, mailas continuas faltas relanteizaron bastante o encontro. Sería nos primeiros minutos deste segundo asalto cando tras un saque de esquina o CD Estradense recortaría distancias no marcador, cun gol de Martin Sánchez.

Logo do saque de centro en tras unha entrada de Martín Vilar, que xa acumulaba un cartón amarelo do primeiro tempo, vería o segundo cartón amarelo e conseguinte cartón vermello que obrigaría marcharse ás duchas antes de tempo.

Cun xogador menos, mentre o CD Choco intentaba tranquilizar o partido, o Estradense apuraba cada minuto, o Estradense faría totalmente o contrario. O equipo local íase facendo co control de partido, e as continuas chegadas a portería de Cortegoso alentaba a seguir loitando polo empate. Pero o CD Choco tamén tería as súas, Edu Otero e Jar que debuta co equipo choqueiro, tiveron dúas ocasións que ben puideron subir ao marcador de estar máis acertados. O partido mantiña a intensidade, aínda que nesta ocasión trasladarase as bancadas do Municipal, e o ritmo alto. No 88 o Estradense quedaría sen un segundo xogador, tras ver Javicho a segunda amarela. Así as cousas, os locais non darían balón por partido, pero a inferioridade sería aproveitada polo equipo redondelán, sendo no 91 cando Jar sentenciaría o partido con terceiro e definitivo tanto, que daba 3 puntos ao Cd Choco.

Esta sería a primeira vitoria do equipo rendondela no que vai da segunda volta rompendo así unha xeira de empates.

Final de partido: CD Estradense 1- 3 CD Choco