4-0 foi o resultado final dun partido sentenciado no primeiro tempo.

Regresaba o fútbol a Santa Mariña por segunda semana consecutiva para celebrar un amigable entre o CD Choco e o Vista Alegre Estudiantil. Un regreso que nesta ocasión o facía de maneira diferente por acoller aos siareiros logo de 6 meses sen o seu alento dende as bancadas. Cumprindo todas a medidas de seguridade asignadas nos protocolos das Federación competentes, puideron disfrutar dunha tarde- noite de goles.

Uns goles que chegaron todos na primeira metade e que o CD Choco soube rentabilizar durante a segunda. Aínda que nos primeiros intres do encontro parecía que ningún dos dous equipos querían levar a iniciativa, sin a penas chegadas de perigo ao área rival, pronto o plantel choqueiro foise facendo coa batuta do mesmo que materializaron co primeiro tanto de Nelson no minuto 12.

Co marcador ao seu favor, os de Gonza ían gañando terreo sendo continuas as chegadas a portería contraria. De feito, a insistencia por ampliala ventaxa, deu seus froitos 6 minutos despois, logo dunha xogada combinada que rematou, de novo, Nelson ao fondo da rede.

O equipo choqueiro sentíase cómodo no campo, dominaba o xogo e posuía o esférico polo que as abatidas sucedíanse continuamente. No 24 chegaría outro tanto máis para a conta xeral do equipo e para a particular de Nelson que faría triplete.

Tras uns minutos de máis idas que venidas choqueiras e xa co tempo reglamentario case cumprido chegaría o cuarto e definitivo tano, nesta ocasión firmado por Félix Rial. Sen tempo para máis, o trio arbitral pitaría o final deste primeiro tempo.

Logo do paso polos vestiarios, dou comenzo un segundo tempo. O equipo vistiante saíu máis enchufado e intentou acortar distancias pero sen resultado positivo para os seus intereses. Tamén o CD Choco tivo as súas, máis souberon rentabilizar os catro goles que lles otorgaba a primeira vitoria desta pretempada.

Final: CD Choco 4-0 Vista Alegre Estudiantil