Na tarde de onte recibía a autorización do Servizo de Epidemoloxía para albergar a 150 
persoas.

O Club Deportivo Choco solicitaba este pasado luns a ampliación do aforo para os partidos desta fin de semana, presentando un documento á Secretaría Xeral Para o Deporte baixo o título “Protocolo Covid 19 para eventos e actividades multitudinarias CD Choco” no que se recollen tódalas medidas adoptadas polo club redondelano para o bo desenvolvemento dos eventos deportivos en Santa Mariña que garanten a saúde pública.

Logo duns días de espera o CD Choco recibiu na tarde de onte a autorización de dita ampliación de aforo para o partido  do Xuvenil División de Honra que recibe ás 12.00 ao Pabellón Ourense. Obiviamente tamén estaba concedido para o equipo sénior máis vos lembramos que o partido quedou suspendido.

 

  • POSITIVO EN COVID

O xogador choqueiro que dou positivo en Covid -19 encóntrase en bo estado de saúde. Falamos con él quen nos comenta “tanto eu como a miña familia non temos síntomas algún. Encontrámonos todos ben”. O xogador permanece confinado no seu domicilio.

Pola súa parte o resto do plantel choqueiro, incluído o Corpo Técnico pasaron onte a noitiña os test de antíxenos, dando todos eles negativo. Aínda así, non poderán adestrar ata cumplidos 7 días polo que o luns volverán a Santa Mariña para comezar a preparación da seguinte xornada.

Un test que tamén pasou o equipo xuvenil e tamén con resultado negativo en todos os xogadores e Corpo Técnico. Polo tanto este Domingo, día 22 de Novembro, ás 12.00 horas Santa Mariña acollerá o CD Choco DH contra o Pabellón Ourense.

  • RESERVAS DE ASENTOS

Trala ampliación de aforo que pasa de 75 persoas a 150 prosegue o proceso de reserva de asentos para tódolos socios que queiran disfrutar do encontro. Seguindo o procedemento habitual establecido polo club, reservas por WhatsApp, os siareiros poderán seguir reservando até o Sábado as 13 horas.

  •  O CLUB APELA Á RESPONSABILIDADE INDIVIDUAL

Dende o club lembran a tódolos siareiros as normas a seguir unha vez en Santa Mariña que se respetarán ata que saian fóra logo da finalización do partido: entrada e saída ordeada das instalaciós respetando os roteiros direccionais e mantendo a distancia de seguridade social, de un 1,50 m. Unha vez nas bancadas deberán permanecer sentados, nos asentos sinalados,  durante o tempo que dure o evento, máis só está permitido levantarse para ir aos baños. Desinfección das mans, habendo dispensadores de xel hidroalcohólico por todo o recinto e está prohibido fumar nas instalacións. E que a mellor vacina e a responsabilidade individual só fai faia sentidiño común.