5-0 foi o resultado final dun encontró no que houbo de todo, goles até 4, cartóns amarelos e vermellos pero sobre todo emoción, ritmo e intensidade os ingredentes esenciais para todo bo partido.

Chegaba o día. Chegaba a decimoitava xornada da Liga logo do parón polo Nadal. As ganas de empezar o ano cunha victoria se fixo notar xa nos primeiros minutos do encontro. Un partido que comezaba con Cortegoso, baixo paos, Yago, Mario, Suárez, Vitra, Sergio Santos, Yerai, Comis, Adrián, Félix e Martin no campo polo CD Choco. No segundo tempo terían os seus minutos Monchito, Davicin e Tomás.

Mentres que Oviedo, Ordóñez, Segura, Javi, Andrés, Rubén García, Ivi Vales, Moreira, Juanito Bazó, David Álvarez e Íñgo Pisón formarían o 11 titular polo equipo de O Barco. Logo xogarían Kiko, porteiro suplente, Oli e Tato.

Depois do tanteo inicial propio de tódolos comenzos por ver que se facía co mando do encontro, os choqueiros empezaron a dominar o partido con aproximaciones máis numerosas ao área rival aínda que sen perigo para o porteiro Oviedo. Cun alto ritmo imposto dende o inicio, e cunha presión alta por ámbolos dous equipos, nin local nin visitantes eran capaces de rompela saca ao seu favor até que apareceu en escena Adri para estrear o luminoso redondelano a favor dos seus, aínda que antes o intentara Ivi cun tiro certeiro que a piques estivo de aguarlle a festa aos siareiros que se achegaron neste día ao Municipal de Santa Mariña.

Coa ventaxa no marcador o plantel vermello cada vez máis foise sentíndose dono e señor dun partido mostrando a fortaleza á que aspiran ter no seu feudo.

O partido que ía crecendo en intensidade co paso dos minutos, chegaría ao culmen da mesma coa expulsión do xogador do Barco, Javi, por dobre cartón amarelo, na mesma xogada na que os xogadores de Gonza ben puderon ampliala ventaxa. Cun xogador menos no campo, parecía que as cousas non se lle podían por peor para o equipo visitante; erro. 11 minutos despois do primeiro tanto Oviedo sería expulsado con cartón vermello directo por man fóra da área e entraría no sey lugar Kiko. A falta xogada por Martín que optou polo tiro directo iríase fóra, perdendo outra nova ocasión de ampliar a saca choqueira. Quen sí a ampliaría sería Comis dende o punto de penalti logo de pitala pena máxima o colexiado tras unha falta a Adri na súa área.

Co 2- 0 chegaría o tempo de recreo.

Final do primeiro tempo: CD Choco 2- 0 CD Barco

Tralo paso por vestiarios daba comezo a segunda parte cun Choco que tiña todo ao seu favor. Con dos goles de ventaxa dáballe a suficiente confianza para realizar o seu mellor xogo e non defraudaron.

Unha segunda metade que comezaba cos redondelanos embistendo a portería defendida de Kiko quen tivo que empregarse a fondo baixo paos con 3 grandes intervencións que salvaría ao seu equipo do terceiro tanto.

O partido parecía que ía collendo un ritmo máis apaciguado con idas e venidas aínda que Félix non perdoaría e marcaría o terceiro tanto no 60’ antes de sair do campo por Monchito. Os derradeiros trocos chegarían con Tomás e Davicin que entrarían por Adri e Yerai.

Aínda que o dominio era dos locais os de O Barco tieveron tamén as súas ocasións para acortar distancias. Asemellaba que co terceiro o encontro estaba setenciado máis as ansias goleadoras de Davicin trala súa volta ao terreo de xogo marcaría o 4º para os seus a 10 minutos para o final que cinco minutos despois faría doblete co 5º da mañá.

Bo día de Reis para o equipo redondelano que foron quenes de convertir unha mañá calquera de domingo nunha mañá máxica para todos os siareiros que veron o partido dende as bancadas a quenes lles adicaron a súa mellor versión cunha merecida victoria.

Final do partido: CD Choco 5- 0 CD Barco