O plantel de Gonza disputará uns amistosos para a posta de largo do 18 de 
outubro.

Son semanas nas que se intenta recuperar a esencia dunha normalidade que non é a nova. Logo de poder comezar os adestramentos grupais, o plantel vermello planifica unha serie de encontros amistosos que servirán para tomalo pulso a nova tempada dun equipo, que aínda non está pechado, e na que foron numerosas as incorporacións. Partidos pois, nos que se verá a evolución dun acomplamento entre as distintas pezas da maquinaria choqueira.

Aínda que tampoco se pechou o calendario dos partidos da pretemporada o que sí é seguro e que o Alondras CF, o Coruxo CF ou o Vista Alegre son algúns dos rivais aos que o CD Choco se enfrontará ao longo destas semanas.

O primeiro partido se xogará contra o Alondras CF, este mércores día 23 de setembro á 21.00 horas no Campo Municipal de Santa Mariña, pero se celebrará a porta pechada por mor de cumprir as medidas preventivas contra o COVID-19. Dende o club comentan que aíndan non remataron as tarefas de sinalización nin para o acceso controlado ás instalacións, requisito imprescindible establecido polas Federacións.