Caloi y Comis foron os autores dos tantos choqueiros que lle deron a vitoria por 1-2 ante oDeportivo Fabril

Non puido comezar de mellor maneira a segunda fase para os de Gonzalo Fernández. O CD Choco medíase este domingo as 12.00 ao Deportivo Fabril no campo de Abegondo. Un campo que no que se lle resistía a vitoria máis as estadísticas están para romperse e así o fixeron.

O CD Choco mostaría a súa mellor versión ante os de Juan Carlos Valerón, dominando o encontro dende os inicios con boas chegadas a portería de Brea aínda que a posesión do esférico neste primeiro tempo sería máis nivelada entre os dous equipos. Brea que estaría acompañado no once titular por Guerrero, Bueno, Juan Rod´riguez, Davíd Suárez, Sanmartín, Gedes, Sarmiento, Javi Sánchez, Adri Castro e Yeremai. Tamén terían minutos na segunda mitade Pescador, Kanoute, Boedo e Cambón.

A escuadra choqueira chegaba a Coruña con importantes baixas entre elas Cortegoso, que deixaría a defensa da portería a Kevin que debutou estando a altura e firmou un gran encontro. Con cancerbeiro choqueiro saltarían ao campo no once de inicio, Samu, Eláis, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Martín, Antón, Fran Monroy, Guille e Iano. Logo no segundo tempo disfrutarían de minutos Davo, Óscar Gil, Mario e Doval.

Xa nos primeiros minutos, pasado o catro, rompería Caloi tras un balón que recibe o xogador no borde do área e este dispara axustado ao pao ante o cal Brea pouco pudo facer.

Tralo tanto o Choco seguiría achegandose ao área coruñesa para amplialas distancias no marcador máis no minuto 10 un penaltie por mano no área de Samu sería materializado por Adri Castro.

Rezaba un empate no luminoso. O encontro crecía en intensidade a medida que pasaban os minutos e a igualdade na posesión era máis patente pero quizáis sería o equipo redondelano quen crease máis ocasión de perigo. Unha delas tras un centro de Guille a Monroy quen tira e o esférico vaise desviado. A seguinte unha boa xogada combinada que termina nun centro de Caloi a Antón pero este non foi quen de metela entre as redes coruñesas. Logo sería Martin e de novo Frna quenes a tiveron nos seus pés máis non puideron ampliala distancia no marcador.

Antes do tempo de lecer Adri Castro probaría sorte pero un atento Kevin despexaría o coiro evitando o tanto local.

Co empate a 1 chegaríamos ao descanso, eso sí, sen polémica tras un claro penaltie a Guille que nesta ocasión non foi sancionado polo trío arbitral.

Final da primeira parte: Deportivo Fabril 1-1 CD Choco

Tralo paso por vestiarios a tónica sería a mesma que na primeira metade. De novo o equipo choqueiro adiantaríase no marcador no minuto 51 cun tiro dende fóra do área ante o que nada puido facer Brea.

Un segundo tempo no que o equipo local intentaba ter a posesión para facer dano sen ser capaz de superar líneas, entrementes o CD Choco intentaba aproveitalas contras pero ningunha das chegadas foron materializadas en gol.

Tal como pasou noa primeira metade, o partido acabaría con polémica tras unha cesión dubidosa pitada ao CD Choco pero que o Fabril non supo aproveitar para subir o empate o marcador.

Final do partido: Deportivo Fabril 1-2 CD Choco.