Sortearánse 50 entradas para un partido en Santa Mariña entre todolos participantes 

Dende o Club Deportivo Choco queremos contribuir a que o concinamento ao que estamos sometidos por causa do COVID-19, sexa máis levadeiro para os rapaces e rapazas.

Por esta razón o Club Deportivo Choco convoca un Concurso de Debuxo para escolares como parte das actividades que realizaremos para todala familia choqueira con motivo do concinamento.

Os debuxos terán como tema “Qué significa para ti o CD Choco?” (amizade, deporte, mascota, diversión,..  ) e se establecen catro categorías en función da idade dos participantes.

  • Categoría 1: entre 3 e 5 anos
  • Categoría 2: entre 6 e 8 anos
  • Categoría 3: entre 9 e 11 anos
  • Categoría 4: entre 12 e 15 anos

Os traballos deberán presentarse en formato PDF e remitirse ao seguinte mail comunicacioncdchoco@gmail.com no que se incluirá o nome e apelidos do neno ou nena, o mail de contacto do pai ou a nai; ademais deberan deixar explícita a autorización, no propio mail, para a publicación dos debuxos dos participantes nas redes sociais do club.

A data límite para a recepción dos debuxos será o domingo 29 de marzo do 2020 ás 14.00 horas. Sortearánse 50 entradas para un partido do CD Choco en Santa Mariña entre tódolos participantes.