Primo e Soto déronlle a vitoria aos seus por 2 goles a 0 ante un CD Choco moi combativo. 

Gonza: “Felicitar aos meu xogadores por cómo competiron e pola imaxe que deron en Santiago”

Xa se sabía que a praza que nesta xornada visitaba o CD Choco para despedilo ano, non era fácil. O plantel vermello chegaba a cidade do Apóstolo Santiago coa mentalidade de puntuar e romper así a dinámica compostelana para continuar coa súa propia.

Xa no estadio de Vero Boquete de San Lázaro saltarían como 11 de incio por parte da SD Compostela Pato, en portería, Saro, Jimmy, Alvaro Casas, Soto, Baleato, Primo, Pablo Antas, Brais Abelenda, Hugo Sanmartín e Gabri Palmas. Terían tamén ocasión de xogar no segundo tempo, Miki, Samu e Rodri Alonso.

Gonza, que contaba con todo o plantel a súa disposición, optou por un 11 inicial con Cortegoso, baixo paos, Mario, Aitor, Yago, Vitra, V aloi, Yerai, Sergio, Adirán, Félix e Tomás. Na segunda metade contarían con minutos, Comis, Edu Otero, que debutaba coa camiseta vermella e Martín.

Tras o pitido inicial os primeiros minutos sucederonse coas idas e venidas dos dous bloques sen ocasións claras para ningún dos equipos mais pouco a pouco os santiagueses íanse adueñando do control do esférico con máis chegadas a área redondelana tendo as mais claras a balón parado sobre todo dende a esquina. A férrea defensa choqueira impedía a contundencia do xogo compostelano evitando así o tiros certeiros dos xogadores banquiazuis aínda así eran eles que marcaban o ritmo do partido sobre todo nos primeiros 20 minutos da primeira metade, sen darlle penas opcións aos rendondelanos. De feito sería no minuto 30 cando Pato adiantaría aos seus cun balón que lle chega dun centro lateral e que Cortegoso non puido ataxar.

Tal e como nos teñen acostumados os xogadore choqueiros foron de menos a máis e aínda que non chegaban con claridade á portería de Pato sí que asemellaba máis o conxunto que tanto gusta, a personalidade choqueira quedaba patente e a súa esencia loitadora reaparecía para dificultar máis o xogo do lider.

Se máis tantos na primeira metade, chegaría o tempo de recreo.

FINAL DE PRIMEIRA METADE: SD Compostela 1- 0 CD Choco

 Tralo paso por vestiarios os dosu equipos volveríanse a medir durante 45 minutos. Co 1-0 os de Gonza terían que remar en contra e así o fixeron. Logo dun tempo moi parecido o inicio da primeira o CD Choco comezou a parecer maís cómodo no campo e ben puido facer o empate pero encaxaría o segundo cun tanto de Soto no minuto 89’ deixando xa sin opción ao bloque choqueiro.

FINAL DO PARTIDO: SD COMPOSTELA 2-0 CD CHOCO

Tralo partido comparecía en rolda de prensa Gonzalo quen afirmaba sentirse contento polo “esforzo do equipo e por cómo competiu contra un equipo moi bo que na súa casa está intratable. Un compos que nos primeiros 20 minutos non deixou xogar ao Choco. Se pode ter un plan de partido máis o menos claro, e traballalo durante toda a semana nos adestramentos e eu como adestrador correxir desde fóra moita cousas pero hai metros que recorrer, unha superficie ao que non estás acostumado e un rival que te somete con balón e con moita precisión, cunhas movilidades moi claras e que ten moi claro os espazos que quere atacar, polo que hai que estar ahí dentro por iso darlle a noraboa aos meus xogadores polo esforza e a imaxe do Choco”.

Gonza facía unha valoración do encontro “os primeiros 20 minutos notamos moitísimo o ritmo que lle meteu o Compos cun nivel técnico moi alto. Un equipo que con balón faite sufrir moito así que intentamos pasar esos 20 minutos. Nos fumos con 1-0 ao descanso e empezamos a estirarnos e sentirnos máis cómodos sen intimidar moito a portería de Pato pero sendo máis nós. Na segunda metade tivemos a sensación de poder lograr o empate aínda que tambén podía caer o segundo.até o 75 estivemos moi ben, moi enteiros pero a partir de aquí notouse o cansancio físico e nos faltou un puntito máis para poder sacar o empate que sería moi bo”.

O adestrador compostelano, Yago Iglesias, pola súa parte, amosábase feliz non só pola vitoria senón por manter o liderato, e só pedía aos Reis Magos “seguir nesta dinámica”. O adestrador compostelán valora o partido de maneira moi positva “pola vitoria e polo rival que había enfronte, polo seu gran potencial, polos grandes xogadores que ten e polo gran corpo técnico que fai que rinda como se veu hoxe”.