O Domingo ás 12.00 disputaráse o encontro no Baltasar Pujales. Falamos con Martín Rafael “necesitamos sumar de tres en tres”.

Volve a Liga á Terceira galega logo do parón do Nadal que non foi tal para os de Gonza, xa que o pasado domingo tiveron que xogar o partido aplazado da sexta xornada. Pero o que sí comeza é a segunda volta na que se definirán os pases a segunda fase que permitirá a certos equipos xogar a fase de promoción de ascenso entrementres outros tantos loitarán para evitar o descenso.

Crucial por tanto é non perder o ritmo competitivo para continuar pelexando, no caso do CD Choco, por manterse nos postos altos da competición ligueira. E para isto faise imprescindible comeza a “sumar de tres en tres e non de un en un”, coméntanos Martín Rafael, xogador co que falamos esta semana. Facemos unha viaxe restrospectiva pola primeira volta e o xogador conclude que “en canto a resultados non foi de todo boa pero tampouco de todo mala porque só perdimos un partido dos útlimos sete, máis ou menos, pero sí que é certo que necesitamos sumar os 3 puntos de cada xornada para ver ao que vamos a optar”.

O CD Choco sitúase en cuarta posición con 15 puntos, seguido, coa mesma puntuación, polo CD Barco, e Ribadumia. Dous puntos por debaixo, e xa na fase de descenso onde se loitará por evitalo, Ourense CF, CD Estradense, UD Ourense, aos que siguen de cerca o Atios con 12 puntos, o Rápido de Bouzas con 11, pechando a clasificación o CD Pontellas con 5 puntos. Se o CD Choco mira hacia as alturas, o máis preto é o Alondras CF con 18 puntos, e un pouquiño máis lonxe o CD Arenteiro, líder da clasificación, e o colider Arosa SC.

Unha tempada moi competida, na que todo está por decidir, “a Liga está moi igualada por eso é importante comezar a segunda volta facturando os tres puntos” e que para Martin a pesar da pouca ou moita presión que poidan sentir “esta tempada está a ser moi bonita quizáis pola pouca marxe de erro que temos e a presión que esto conleva; pero tamen si se gaña todo vai a ser moito máis satisfactorio”.

 Pero para sentir esa satisfacción o primeiro peldaño sería a vitoria ante o Club Rápido de Bouzas un rival moi complicado de gañar e para mostra o partido de ida no Santa Mariña no que o CD Choco venceu por 2 a 1. Unha vitoria ‘in extremis’ nos derradeiros intres do encontro, que Martin lembra moi ben “O Bouzas aquí en Santa Mariña complicounos bastante as cousas. Gañamos nos últimos minutos e fumos detrás do marcador case todo o partido aínda que non tiveramos nin moitas ocasións nin un bo xogo ao final gañaramos. Polo que vistos os antecedentes penso que vais ser un partido moi igualado no cal temos que mellorar o que estamos a facer sobre todo en tres cuartos en adiante, o gol, e penso que facemos esto ben podemos sacar os 3 puntos”. Pois quizáis na eficacia goleadora esté a clave neste partido que se prevee competido “tralos partidos sempre quedamos coa sensación de que nos falta un pouquiño máis, pero penso que tamén nos falta un pouco de sorte, ademáis da eficacia goleadora. Non estamos tendo moito gol pero o estamos traballando para mellorar este aspecto”.

O domingo o CD Choco terá unha nova oportunidade para voltar a senda da vitoria e será no Baltasar Pujales ás 12.00 horas.