O domingo ás 17.00 horas os dous bloques se medirán en O Morrazo

Este domingo o CD Choco viaxa a Cangas para enfrentarse ao Alondras CF en busca da vitoria. Unha nova oportunidade para os de Gonza, para manterse nos postos altos da clasificación. Situado no terceiro posto con 25 puntos, tan só dous máis co rival desta semana que se sitúa no quinto, e con menos partidos. Unha xornada esencial para adquirir ventaxa polo comprimida que está a clasificación.

Falamos con Kevin, o cancerbeiro choqueiro. Inevitable preguntarlle como está a ser esta primeira tempada no equipo “estou moi cómodo porque o grupo é espectacular e é un luxo poder traballar con xente que ten tanta bagaxe na categoría e cos xovenes que teñen a ilusión de empezar a darse a coñecer”. E iso que ten un complicado gañarse o posto, ocupado por Cortegoso “meu rol no equipo o tiven claro dende o primeiro día, e penso que é importante para sobrelevalo o mellor posible”, coméntanos o xoven xogador que recoñece que “todos queremos xogar todos os minutos que se poida, pero non sempre é posible e menos aínda na miña posición. Cortegoso é un dos mellores porteiros da categoría, sen dúbida, e este é o meu primeiro ano en sénior polo que aínda me queda moito por aprender, pero estou en elo”. Quizáis por eso sabe que “o único que se pode facer é adestrar o mellor posible para aportar todo o que se poida ao equipo. As semanas as afronto con moita ilusión, intento ir a tope en cada adestramento e dar o mellor de min”. Pero ¿cómo se viven os partidos dende o banquillo? “pois como penso que o teñe que facer un compañeiro, animando aos que están a xogar a que fagan as cousas ben. Calquera xesto de ánimo pode axudar moito”.

A pesar da derrota da xornada pasada ante o CD Estradense, aínda que doeu non fillo estragos no vestiario, de feito “o equipo está a adestrar moi ben e todos sabemos do que somos capaces cando facemos as cousas ben. Calquera que vese o partido pasado saben que a penas tiraron a porta e se alguén merecía a vitoria éramos nós. Pero isto é fútbol e ao final o que decide o resultado son as accións concretas e os pequenos detalles”.

Centrándonos xa na xornada desta semana Kevin pensa que o Alondras CF é “un dos equipos máis punteiros do grupo sur. Penso que a sua maior virtude é que teñen moi claro ao que xogan e que o fan moi ben. Defensivamente son moi fortes, encaixan moi poucos goles, e teñen xogadores determinantes que poden levantar partidos”.

Aínda que non parece doado o rival Kevin nos asegura que “afrontamos o partido con moita tranquilidade. O Corpo Técnico plantexa os adestramentos según o rival polo que chegamos ben preparados”. Pero non hai que esquencer que o Alondras levaba tempo sen competir, e o fixeron este mércores, factor que podería aproveitar o CD Choco “pero non confiarnos porque sen competir gañoulle ao CD Pontellas con contundencia. Vais ser un partido moi duro”.

Kevin non busca a clave no equipo rival senón en eles mesmos “en xogar como sabemos, con oso estilo. O que máis vai premiar vais ser sair con confianza para non cometer ningún erro que nos poida perxudicar, como nos aconteceu partidos atrás. E por suposto, estar acertados de cara ao gol”. Aínda sabendo as claves Kevin tamén sabe que “vais ser un partido moi esixente, de tú a tú. Si tivera que mollarme no que vai pasar, penso que un só gol poida decidir o resultado final; por iso é importantísimo estar concentrado e non equivocarnos nas accións comprometidas”.

Alondras CF e CD Choco, dous equipos que queren seguir nos postos altos da posición polo que o seu enfrontamento pódese considerar fundamental para os intereses de ambolos dous bloques “o noso obxectivo principal é poder competir un posible ascenso na segunda fase. Co equipo que temos non deberíamos ter que chegar a xogar por non descender. Estar entre os tres primeiros vai ser moi complicado pois os dous primeiros xa están prácticamente definidos polo que haberá que loitar polo terceiro”, afirma Kevin quen engade que “penso que todo pasa por gañar o enfrentamento directo esta fin de semana contra o Alondras porque a Liga está extremadamente igualada e todolos partidos que faltan son importantísimos e moi determinantes de cara á clasificación”.