O domingo ás 17.00 horas disputaráse o duelo contra o RC Villalbés

De novo os siareiros redondelás poderán disfrutar dunha xornada de fútbol en Santa Mariña. Si acaso cun pouquechiño máis de tranquilidade que na última ocasión ante o CD Pontellas, pois obtida a permanencia o sufrimento é diferente ao aspirar por unha plaza no play off.

As 17.00 é a hora marcada para o duelo entre o CD Choco e o Racing Club Villalbés, equipo que actualmente lidera a clasificación con 40 puntos, a 6 do CD Choco que se sitúa na terceira plaza con 34, igualado en puntos ao CD Estradense que se ubica na segunda posición. Polo tanto unha vitoria acortaría as distancias co equipo lucense e dependendo do resultado do Estradense, optaría ao segundo posto.

O equipo visitante chega, polo tanto, a Santa Mariña co rol de favorito mais os de Gonzalo Fernández intentarán seguir facendo do seu campo un feudo. Os choqueiros esperan manter a línea iniciada en Abegondo a pasada xornada onde venceron ao Deportivo Fabril por 1 gol a 0, con bo xogo es sobre todo sendo fieis a súa filosofía de xogo.

Con enerxías e ánimos renovados nesta segunda fase enfrontan este encontro pretendendo manter as boas sensacións e dar unha nova dosis de alegría aos seus siareiros que como cada xornada acuden fielmente á cita co seu equipo, sempre respetando as medidas anti Covid.

O Club choqueiro, logo de cerrar o prazo de reserva para os socios, abrirá taquilla o día de partido até completar aforo.