O CD Choco visita O Campo da Senra, o domingo ás 16.30 horas, para enfrentarse ao CD Ribadumia.

Segue a competición ligueira e o fai cunha xornada apaixonante entre un recén ascendido logo dunha tempada en Preferente; o CD Ribadumia e o CD Choco. Razón pola cal non é un adversario totalmente descoñecido para os redondelás que viaxan ao Campo da Senra. Os dous equipos estrearon tempada con vitoria. Entrementes os de Luis Carro acadaban os 3 puntos no campo do Couto ante o Ourense CF pola mínima, 1-2, os de Gonza facían o propio na casa, en Santa Mariña, dando volta ao resultado, acadando finalmente un resultado de 2-1. Un partido que “foi durísimo. Non o comezamos moi ben pero pouco a pouco fumos collendo boas sensacións. O marcador en contra tan cedo, condicionou o partido mais soubemos repoñernos”, coméntanos Samu, xogador co que falamos esta semana.

Unha vitoria moi importante nunha tempada na que o formato competicional deixa pouco marxe de erro e na que sumar a domicilio “supón un plus que pode marcar a diferencia, xa que a priori os equipos somos fortes no noso feudo”. Sea como fose a expedición choqueira viaxa a Ribadumia “coas mismas gañas e ilusión con que o facemos sempre” eso sí, a sabendas do tipo de rival que lles espera “un rival durísimo, con moita intensidade, moi ordeado no aspecto defensivo e moi combinativo no aspecto ofensivo. É un bloque con moita calidade, polo que temos que pelexar moito para poder puntuar este domingo”.

Samu espera do seu equipo que “compita como o vimos facendo durante toda a pretempada e na primeira xornada de liga, na que penso que o máis positivo, a parte do resultado, foi a imaxe do equipo e por suposto que viaxamos coa intención de sumar 3 puntos pero vamos ter que estar moi ben para puntuar”.  Para Samu  a clave do partido estará en ser “moi sólidos en defensa e en no conceder moitas ocasións e intentar quitarlles o balón o maior tempo posible porque é un equipo moi peligroso con el”.