David Cortegoso cumplirá doce tempadas defendendo o escudo do club redondelano

Para delicia de moitos o cancerbeiro redondelá, David Cortegoso, repetirá curso no equipo choqueiro no que, con esta, cumplirá doce tempadas. Non foi moi complicado chegar a un acordo entre o club e o xogador, polo desexo de ámbalas dúas partes de continuar xuntos polo periplo da Terceira.

Cortegoso amosábase moi contento na súa presentación na que declaraba sentirse ademáis “ilusionado por continuar vestindo cos cores choqueiros” pois “é un privilexio poder xogar na casa”. Pola súa parte o Presidente da entidade choqueira afirmaba trala renovación do xogador que “é xogador moi importante para a continuidade do proxecto”; ademáis “a súa veteranía axudará aos xogadores máis novos”.

Con a renovación de Cortegoso, o equipo Sénior da un pasiño para adiante na configuración do plantel da tempada 20/21 da que aínda pouco se sabe, nin datas ni calendario, pero o que sí é seguro son as ganas de todos de que o balón volva a rodar en Santa Mariña.