O mércores ás 21.00 horas disputarán os 1/32 de final da Copa Diputación Pontevedra contra o CD Pontellas e o domingo ás 17.00 horas o partido correspondente a 23 xornada de Liga, contra o UD Ourense.

O CD Choco enfronta unha semana atípica con dous compromisos de distinta índole pero de misma importacia, a Copa Diputación e a Liga, ambolos dous en Santa Mariña, polo que os siareiros choqueiros poderán disfrutar do seu equipo por partida dobre.

O primeiro partido celebrarase o mércores, 5 de febreiro, ás 21.00h. O CD Choco recibe ao CD Pontellas en 1/32 de final da Copa Diputación de Pontevedra. A sorte quixo que sexa o mesmo rival que na pasada edición eliminou ao CD Choco desta competición en semifinais, logo de 4 anos consecutivos alzando a Copa.  Ademáis, había moito tempo tamén que o Santa Mariña non albergaba esta competición polo que se vestirá de gala para vivir unha tarde de fútbol diferente, no que a emoción estará asegurada.

O clube se plantexa chegar o máis lonxe nesta competición pero sen descoidar tamén a competición ligueira na que aínda nos se certificou a permanencia. De feito, o domingo, 9 de febreiro, ás 17.00 h tamén o Santa Mariña será testemuña do partido correspondente a viséximoterceira xornada de Liga entre o CD Choco e o UD Ourense.