Tras vencer ao Ourense CF por 4 goles a 5 con triplete de Xián e doblete de Madale pasa a final que se xogará mañá ás 12.00h no campo de A Balouta (Mos) contra o Areosa.

Emocionante partido que se viviu onte en Ourense. O equipo de Hugo Álvarez conseguiría o pase á final no play off de ascenso á categoría de División de Honra da categoría cadete tras imporse ao Ourense CF por 4-5. Un partido que a medida que ía correndo o tempo volvíase máis intenso e cun final de infarto.

Os de Hugo Álvarez a pesar de adiantarse no marcador nos primeiros compases do partido cun gol de Madale, comezaron o encontro titubeantes, dubitativos e un tanto accelerados o que non lle permitiría desplegar o bo xogo ao que nos ten acostumados. Factor que aproveitaría o equipo local para dar a volta ao marcador e adiantarse chegando ao tempo de lecer cun resultado de 3-1. O último tanto marcado de penaltie. E que até 4 pensalties pitáronse na tarde de onte, producto igual da pasada de marcha dos equipos que parecían non lograr xestionar ben a presión que de por sí levaba implícita o encontro.

No segundo tempo, cun CD Choco máis calmado comezou a xogar ao que sabía. Adiantaron un pasiño non quedando tan fundidos no propio campo e comezaron a chegar os tantos redondelás que lle darían o paso a final. Madale, de novo, subiría o segundo gol para os seus nun cara a cara co garda redes, que supo afontrar coa frialdad e templanza necesaria nos un contra un. Sin celebración do tanto, porque o tempo apremiaba para os intereses choqueiros; co 3-2 as opcións eran maiores e a vontade por dar volta ao marcador por parte das xovenes promesas duplicaríanse ao ver que estaban máis preto do obxectivo.

E a remontada chegou e forma de pena máxima, sendo Xian o encargado de atinar até en 3 ocasións o esférico nas redes rival. Parecía que estaba feito, máis nos derradeiros minutos do partido o tempo parecía relantizarse e impacientes polo son do pitido final chegaban as acometidas a portería choqueira que ben souberon ataxar máis habería lugar para un gol máis para o Ourense CF.

4-5 e aínda restaban uns minutos para finalizar o encontro. Arroupados polo cántico dos siareiros que se achegaron a animar ao equipo, o CD Choco logrou o pase a final que se xogará mañá domingo ás 12.00 horas en As Baloutas contra o Aresoa.