O venres ás 20.00H xogan as semifinais en Ourense e de pasar disputarán a final contra un 
rival e nun campo que aínda están por definir.

Logo dunha competición ligueira marcada polo Covid-19 na que o equipo de Hugo Álvarez e Davicin acadaron o primeiro posto, o Cadete A está inmerso na fase de ascenso a División de Honra que comeza este venres. Nun formato apremiado pola falta de tempo o equipo redondelano desprázase este venres a Ourense para xogar as semifinais co equipo local, Ourense CF as 20.00horas no Municipal Oira. De gañar a este encontro, xa que é a partido único, o domingo volverán a ter unha cita, aínda sin rival nin campo onde disputalo.

Centrámonos no compromiso de mañá o cal os de Álvarez levan preparando durante toda a semana, seguindo a tónica de toda a tempada tal e como nos comenta o adestrador “están a adestrar moi ben como o levan facendo durante toda a tempada. A verdade que logo de tanto tempo parados, o equipo empezou moi ben e quizá a unión que teñen sexa a clave do éxito”. E que hai que lembrar que as xóvenes promesas só perderon un encontro, o da xornada pasada contra o Areosa, rival co que se xogaba o 1º ou 2º posto. Poucos meses de competición pero suficientes para demostrar que “é un equipo que é capaz de conseguir o que se propoña”. E con esta premisa é como afrontan o play off “con toda a ilusión do mundo e pensando que quedan dous partidos para acadar algo máis bonito aínda”. Os cadetes queren acabar ao grande esta tempada razón pola cal non lles preocupa tanto o rival como “como estemos nós. Que sigamos na línea que mantivemos durante toda a Liga de pelexar durante os 80 minutos”.