Un fatídico gol en propia porta, no minuto 89, imposibilita todas as opción de puntuar do plantel vermello ante o RCD Fabril, nun partido moi igualado.

Chegaba o CD Choco a Cidade Deportiva de Abegondo con as ganas e ilusión de sacar algo positivo no seu primeiro desprazamento desta segunda volta. Enfronte o RCD Fabril un equipo que lles esperaba nun posto máis alto na táboa clasificatoria a pesar de estar igualaldos a puntos.

Compricado rival, o que sempre se lle atranganta ao equipo redondelano, pois non foi quen de obter ningunha vitoria nas súas anteriores visitas ao campo coruñés. Pero como as estadisticas están para romperese chegaban con esa intención os xogadores convocados por Gonza.

Tralo tempo de quecemento saltaban no once titular do equipo local: Álex Cobo, Valin, Martin Vila, Bourdal, Juan, Gandoy, Javi Sánchez, David Sánchez, Pedro, Villares e Aaron.

Por parte do equipo do CD Choco, Gonza optaría por Cortegoso, baixo paos, Mario, Aitor, Yago, Vitra, Alberto Suárez, Yerai, sergio, Adrián, Féilix, e Martin.

Con todo disposto no campo deba comezo un econtro que xa comezaría de maneira atípica o polo menos acostumada para o plantel vermello; Martín vería o primeiro cartón amarelo do encontro aos 53 segundos de empezar a rodar o esférico.

Un partido moi igualado neste primeiro tempo con moita actividade no medio campo o que propiciaba a escasas ocasión de gol por parte de ambos bloques.

Pero aínda así os dous conxuntos tiveron oportunidade de rompela saca para os seus. A primeira máis clara sería para o Choco tras unha xogada pola banda dereita de Félix que centra a Martin quen nun cara a cara con Alex Cobo este rexieta o tiro amaguando a ocasión choqueira de adiantarse no marcador.

A igualdade entre os dous equipos mantiñan en vilo ao siareiros que se achegaron a Abegondo, pois ben sabían que calquera podía por o luminoso a favor. Nunhas idas e venidas chegaría a máis clara para os coruñeses despois do pase dende a banda de Godoy a David Sánchez cuxo tiro detén Cortegoso.

Sen goles chegaríase a final deste primeiro tempo.

Final da primeira parte: RCD Fabril 0- 0 CD Choco

Tralo tempo de lecer e o conseguinte paso por vestiarios salta o CD Choco cun cambio, entraba Comis por Martin neste segundo tempo.

A tónica do primeiro tempo repetísase no segundo acto. Sen apenas ocasións de gol aínda que parecía que o encontro gañaba en rapidez e intensidade polas idas e venidas de ambos bloques de cara a portería contraria.

De novo unha xogada que ben puido costar un gol para cada equipo. No 62 os locais perderían a oportunidade de marcar ante unha portería baleira trala saída de Cortegoso ante un cara a cara co xogador rival, até dous rexeites tiveron os coruñeses para romper o luminoso ao seu favor. A seguinte para os locais chegaría a balón parado tras a falta no lateral cometida por Aitor a Javi Sánchez pero Gandoy tira directamente ás mans de Cortegoso.

Por parte dos choqueiros, sería Comis quen a tivo nos seus pés logo dunha xogada polo lateral esquerdo.

Parecía que o encontro acabaría en táboas pero no último minuto a mala fortuna propiciaría o gol en propia porta de Mario tras un barullo no área de Cortegoso, deixando unha boa oportunidade en Abegondo de seguir sumando.

Logo vería roxa directa Eugeney que entrara no segundo tempo sendo esta a acción máis destacable dos minutos finais.

Final do partido: RCD Fabril 1- 0 CD Choco