El Domingo ás 12.30 horas el CD Choco se enfrenta al Silva SD 

Continúa o ‘spring’ cara a o play off. O CD Choco viaxa esta fin de semana A Coruña para medirse ao Silva SD o Domingo ás 12.30 horas, na loita por facerse con unha das dúas prazas que otorgan un billete para a promoción de ascenso a 2ºB.

Cun pleno de vitorias nesta segunda fase do campionato ligueiro chega o CD Choco a esta terceira xornada. Entrementes o equipo coruñés o fai cun partido menos, adiado o da pasada xornada ante o Bouzas, e cunha derrota no seu haber na primeira xornada ante o CD Estradense o que lle leva a ocupar a última praza dunha clasificación liderada polo R. Villalbés, con 40 puntos, seguido do CD Estradense con 37 puntos; sendo estes dous equipos os que a día de hoxe serían equipos que disputaría, de pleno dereito,  o Play Off. Co mesmo número de puntos, 37, sitúase o CD Choco en terceira posición, seguido do Fabril, con 32 e o Rápido de Bouzas co mesmo número de puntos cos que accedeu a esta fase, pois non puideron disputar aínda ningún partido por un positivo en Covid no seu plantel.

O CD Choco terá que sumar nesta nova xornada para dar un pasiño máis nesta andadura, polo que intentarán manterse na senda da vitoria. Compricado encontro pero non imposible a pesar de que os redondelás non estarán arroupados pola súa afición por mor das restriccións sanitarias; o club local non permitirá o acceso ao público rival reservando o acceso só á directiva choqueira.