Os de Gonzalo Fernández loitarán por unha das dúas prazas do play off. O domingo viaxan a 
Coruña para enfrentarse ao Deportivo Fabril ás 12.00 h en Abegondo.

Logo de acadar o principal obxectivo da tempada, como era o da permanencia na Terceira División o CD Choco aspira a cotas maiores ao clasificarse na fase intermedia na que os equipos loitarán por dúas prazas que lles otorgan o dereito de disputar o play off. Rivais como o Deportivo Fabril, Racing Club Villalbés, Silva SD, Cd Estradense ou Club Rápido de Bouzas.

Duelos de ida e volta que se disputarán en 6 xornadas e das que salirán tan só dous equipos que terán dereito a xogarse o play off á 2ª RFEF.

O CD Choco retomaba o luns os adestramentos, seguindo o seu curso habitual a pesar de ser Semana Santa para preparar este primeiro choque de este domingo ás 12.00 horas no Campo do Mundo de Fútbol de Abegondo.

Polo tanto un duelo interesante o que se acollerá en terras coruñesas entre os dous quintos clasificados do grupo Sur e Norte. Entrementes o equipo coruñés chega a esta fase con 32 puntos e con 41 tantos a favor e 27 en contra; os redondelás o fan con 31 puntos e 28 goles a favor e 22 en contra.  Números que favorcen ao equipo coruñéis ao igual cas estadísticas do enfrentamentos entre ámbolos dous equipos, cun maior número de vitorias do equipo coruñés.

Pero como as estadísiticas están para romperse, o CD Choco viaxa a Coruña coa ilusión de seguir escribindo a súa propia historia e sempre baixo o lema e a súa filosofía de disfrutar e facer disfrutar.