Chegaba xusto de efectivos ao campo de O Morrazo onde caeu por 2 goles a 1

A expulsión de Elías no 87 marcaría o devenir dun encontro, que con maior ou menor mérito, supondría un reparto de puntos entre o Alondras CF e o CD Choco. O xogador choqueiro vería o segundo cartón amarelo, por unha falta que remataría Aitor dentro da portería defendida por Cortegoso e que finalmente vale 3 puntos para o seu equipo que se consolida nos postos altos da táboa. Diferente sorte está a correr para os de Gonza, que logo da segunda derrota consecutiva complícase as cousas deixando para os tres derradeiros partidos desta primeira volta a incognita polo qué xogarán na segunda.

Mal partido dos de Gonza que, se ben chegaba con baixas importantes na súa escadra, non foi quen de amosar a esencia do equipo. Costoulles propoñer, imprecisións nos pases e cuxos erros os rivais souberon aproveitar. Falta de intensidade dun equipo que competiu a medio gas.

Saltaba ao campo como 11 inicial do Alondras CF: Martin, baixo paos, Jesús, Pablo, Brais, Aitor, Manu, Cacheda, Mauro, Luismi, Firi e Iván Pérez. Aínda que tamén terían os seus minutos de xogo, Yavhé, Diego, Sergio Santos e Millán. Cambios que impediron que no minuto 89 Martn tiveran que finalizar o encontro logo de lesionarse nunha xogada forutuita cun xogador choqueiro.

Gonzalo Fernánde optaría por un 11 formado por: Cortegoso, na portería, Elías, Yago, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Antón, Fran Monroy, Guille, Iano y Mario. Tamén disfutarían de minutos Félix e Rancaño.

Dúas chegadas por parte dos locai contra unha por parte dos rivais, sería o único a salientar nun primeiro tempo no que os dous bloques sairon a trote e que deixaron a resolución do encontro para a segunda metada, na que o partido podería caer para calquera das dúas partes. Chegando ao tempo de lecer con 0 a 0 no marcador.

Final do primeiro tempo: Alondras CF 0-0 CD Choco

Como ben adiantábamos podía caer para calquera dos dous lados. E así o fixo, tan pronto comenzou a rodar o esférico no O Morrazo, en pro dos locais. Tan pronto comezou o segundo tempo Mauro adiantaría aos seus rematando a pracer na portería de Cortegoso.

Tocaba remar contramarea. Con falta de intensidade defensiva o Alondras comezou a xerar máis achegamentos sobre todo por medio das pegadas de Yavhé quen ata en dúas ocasións a madeira interporíase entre él e o gol.

No 51 unha falta a Iano de Firi sería penalizada coa pena máxima e cartón amarelo para o autor da mesma. Dende o punto de penal Comis non errou e subiu o empate ao marcador.

Coas táboas no marcador, e co avance do tempo parecía que o máis meritorio sería un reparto de puntos, pero a expulsión de Elías condicionou o que restaba de encontro e finalmente os tres puntos quedáronse en Cangas.

Final do partido: Alondras CF 2-1 CD Choco.

 Fundamentais son os tres encontros que lles queda por disputar ao equipo choqueiro para poder afianzar o obxectivo desta tempada.