O xogador guineano xogará no Limianos, o equipo do que procedía.

Chegaba alá polo mes de agosto a terras redondelás para xogar a tempada no CD Choco, mais Nelsón Jaló Ramos decidiu voltar ao equipo portugués O Limianos, no que xogou a pasada tempada. Tal como nos di o xogador guineano “foi unha decisión moi complicada porque xa estaba acostumado a todo o equipo e estaba a aprender moitas cousas”, pero Nelson buscaba minutos de xogo que non adoitaba a conseguir no equipo de Gonza “necesito xogar e no Choco estaba moi difícil para mín conseguir un posto no equipo, a verdade”.

Xa en terras portuguesas, Nelson aseguranos que se encontra moi contento “aquí xa me coñecen dende a tempada pasada e trátanme moi ben” pero tamén admite que “foi un orgullo formar parte do plantel choqueiro

 Dende o Club Deportivo Choco desexámoslle a mellor das sortes ao xogador tanto a nivel persoal como profesional.