Cualidades para cumplir seu soño ten, así como tempo para elo, pois o Martín é aínda moi xove para facer todo aquelo que se propoña. Cunha interesante proxección de futuro, é dos que cree que un “xogador nace pero tamén se fai, pois sen traballar o talento non sirve de nada”. Falamos con el de todo un pouco co obxectivo de coñecelo un pouco máis.

Martín Rafael Crespo, comezou no mundo do fútbol con catro aniños, primeiro en Casa Paco, en fútbol Sala, continuando a súa formación no Arcade. Na súa primeira tempada no CD Choco, cedido polo RC Celta por un ano, o xove xogador recoñece sentirse “feliz, moi feliz” pero tamén nos asegura que “non sei que pasará pero eu teño contrato co Celta para a próxima tempada a onde volverei trala cesión”. Ademais do fútbol encántalle o baloncesto e actualmente compaxina o fútbol con estudios de idiomas.

  • Qué tal estás a levar o confinamento? Ben, facendo cousas diferentes para non aburrirme e que non se fagan moi pesados os días.
  • Entón, cómo matalo tempo? Facendo exercicio como podo, xogando á Play, vendo series, películas…
  • Parece que xa pronto, estase a falar do 11 de maio, volveremos escalonadamente a vida normal, aínda que para esta falta moito. Pensas xa no que che gustaría facer ao rematar o confinamento? Por suposto que penso niso, simplemente gustaríame retomar a vida normal de antes e poder ver a esa xente que tanto temo levo sin poder vela.
  • É Martín un alumno aplicado e segue as recomendacións do CT para estes días? Sí; trat de facer o máximo exercicio posible e en canto a dieta alimentaria a levo ben, aínda que a veces recoñezo que abro de máis o frigorífico – declara Martín entre sorrisos-.
  • Continúa a incerteza do que acontecerá coa competición ligueira, que pensa Martin que pasará e que lle gustaría que pasase? Non sei o que acontecerá, falar do que vai a pasar pareceme algo imposible xa que nin tan sequera aínda sabemos cando vamos poder voltar a rúa, mais eu traballo mentalmente para esta tempada porque espero poder rematala cando sexa para que o traballo que o equipo fixo durante estes meses non sexa en vano.
  • Mailas ganas de competir, entendo entendo que de decidirse por competir a volta non será doada, xa que este parón afecta aos xogadores físicamente , polo menos. O parón afectanos moitísimo. Retomar a tempada logo de meses sen apenas poder movernos da casa vai ser moi complicado e un reto importante.
  • Neste contexto habería que sumar unhas semanas de preparación para recuperar un estado físico óptimo. Cantas semanas estima Martín necesarias para isto? Non sei cantas semanas fan falta para que un xogador esté de novo en forma, pero penso que mínimo dúa para facer unha ‘mini pretemporada’.
  • Realmente para o CD Choco, quedaba o máis bonito da competición xa que lograra a permanencia a falta de varias xornadas. Que expectativas había no vestiario? O vestiario estaba ben, peleando por meternos nos postos de arriba, tal e como estábamos antes do parón, e penso que este equipo merecía meterse no Play Off.
  • Cómo te sintes no equipo redondelán e de que depende a túa continuidade nel? Estou feliz, moi feliz no CD Choco mais non sei que pasará, eu teño contrato co Celta para a próxima tempada e volverei trala cesión.

 Queremos saber un pouquiño mais de Martín. Un xove xogador con gran proxección de futuro. O coñecemos dentro do campo, non tanto fóra del, por eso gustaríanos saber si …

  • Cal é o soño que che gustaría cumplir antes de colgalas botas? Meu soño dende ben pequeno o teño claro; chegar a xogar na Primeira División.
  • E unha vez retirado gustaríache seguir vinculado dalgunha maneira a este deporte? Aínda queda moito para iso, chegado o momento o pensarei.
  • Eres supersticioso? Sí, si que o son. Para xogar un partido véndome sempre a man dereita, móllome a cara antes do partido, entro no campo con tres saltos, comezo o partido co pé no campo contrario, entre outras cousas.
  • Segues algunhas rutinas o día de partido? Tamén. Levántome cedo e intento movelas pernas pola mañá, como e cando chego ao campo intento aparcar sempre no mesmo lugar.
  • Que che aporta este deporte para tanto sacrificio? Para mín non supón ningún sacrifico ir adestrar e máis co ambiente que hai no equipo entre xogadores e Corpo Técnico. Encántame ir a adestrar e por suposto xogar.
  • Qué destacarías do club redondelán? Moitas cousas, pero sobre todo o bo ambiente que hai tódolos días.
  • Se tiveses que quedarte cun único momento desta tempada, non importa ben sexa nun partido, adestramento… con cal te quedarías? Quédome co partido contra As Pontes, onde conseguimos gañar na ccasa e puiden axudar ao equipo con un bo gol.
  • Eres dos que cres na mala sorte o nun mal partido? Creo nas dúas cousas, a verdade; por exemplo o partido contra o SD Silva pareceume uns dos partidos máis inxustos que perdín na miña vida, pero isto é fútbol e recoñezo tamén que é o divertido.
  • Un partido que queres borrar da túa mente? Un no que sufrín, fai 3 anos, unha lesión moi grave. Oxalá puidese borrar ese partido e esa xogada da miña mente.
  • … E aquel que sabes nunca esquecerás? Un partido na categoría Cadete contra o Real Madrid nun torneo no que, creo, fixen o mellor partido da miña vida e non o esquecerei nunca.
  • Centrándonos na tú tempada no CD Choco, cal cres que é o xogador que cuxa presencia é fundamental dentro do vestiario? Penso que Caloi é un xogador que se nota cando non está.
  • Un equipo? RC Celta
  • Un escudo? RC Celta
  • Un club? RC Celta
  • Un xogador? Cristiano Ronaldo
  • Un adestrador? Gonza porque nos derradeiros anos faltábame esa ilusión por ir a adestrar ao máximo tódolos días e esa felicidade por xogar ao fútbol, e Gonza devolveuma.