“Encantaríame rematar o da tempada pasada; rematalo esta e rematalo ben”.

Moitas eran as voces que dubidaban da continuidade do extremo, Martín Rafael no plantel do míster Gonzalo Fernandez ou o que é o mesmo, no Club Deportivo Choco. Pero ainda que foron moitos os equipos que se interesaron polo xoven xogador, cun futuro prometedor, Martín decantouse unha tempada máis pola equipaxe choqueira e parece ser que nesta renovación “Gonza tivo moito que ver pola súa insistencia”. Pero non só a perverancia do míster redondelá foi a causa da súa decisión senón tamén razóns como “estou na casa e xa coñezo ao club e aos meus compañeiros, o cal xa te da unha tranquilidade”, pero sobre todo polas ganas que ten de resarcirse da anterior tempada “gustaríame rematar o da tempada pasada; remátalo ésta e remátalo ben”. Obviamente, ao que se refire Martin é a “xogar o play off” aínda que tamén é prudente e sabe que a presas nunca son boas “temos que ir paso a paso, primeiro lograr a permanencia e logo optar ao play off”.

Obxectivo play off nunha tempada da que a penas se sabe ni cando ni como dará comezo. O que sí parece unha certeza é que haberá dous grupos o Norte e o Sur, definidos ámolos dous polo criterio de proximidade. Sendo así o CD Choco terá que medirse ao Alondras CF, CD Arenteiro, Arousa SC, Atios,  CD Barco, CD Estradense, Ourense CF e UD Ourense, CD Pontellas, Rápido de Bouzas e Ribadumia. Un descoñecido sistema que lonxe de entrar a valoralo, Martín o que ten claro é que “nos obliga a non fallar”. Independientemente da metodoloxía o que si no cambian son as ganas do xogador de escoitar o pistoletazo de saída da competición porque se por el fose “comezaría a adestrar mañá mesmo