O xove xogador asegura que ten “gañas de loitar polo play off desta tempada

Das historias inacabadas é máis complexo pasar páxina e quizáis isto é o que lle acontece a algúns xogadores do Club Deportivo Choco que chegan a este curso ligueiro con gañas de resarcirse do pasado. Unha tempada, a 19/20, que non puido ser rematada deixando ao equipo redondelá ás portas de xogar un play off “o que estou seguro que íamos a xogar polo bo momento que estaba a atravesar o equipo”, nos asegura Mario.

Mais o xogador terá unha nova oportunidade para cumplir este desexo, xa que acadou un acordo co club redondelá para vestir de vermello este curso. Un trato ao que non lle costou chegar trala chamada de Gonza, pois “sempre me trataron moi ben no club, onde me sento moi a gusto” e se amosaba moi feliz e ilusionado.

Mario chegaba ao CD Choco procedente do RC Celta onde xogaba no equipo Xuvenil División de Honor. Esta será a segunda tempada de Mario no equipo choqueiro.