Unha das últimas incorporación do CD Choco, Mario García, que se amosa moi contento no clube redondelano, reaparecería o pasado domingo ante o Alondras logo dun mes lesionado.

O partido da pasada fin de semana ademáis de polo gran encontro disputado polo plantel vermello, quedará na retina de moitos polo regreso de Davicin e de Mario García. O xogador vigués co que hoxe falamos reaparecería logo dun mes no dique seco por un “esgunince de grao dous e unha pequena fisura no ligamento”. Aínda que ao principio de lesionarse non parecía tan grave “ao final foi máis do que pensábamos”, nos conta Mario quen engade que “á semana de ter a lesión quixen probar nun adestramento, porque pensamos que era un esgunice de grao un, e non puiden seguir. Logo dunhas probas a realidade foi outra”. Semanas e días que probablemente pasasen un pouquiño máis paseniño que ao resto aínda que Mario de natureza optimista, afirma que “intentámolo levar da mellor maneira posible e sempre axudando ao equipo en todolo que podía, animándoos nos partidos”. E viceversa, 30 días nos que “grazas aos meus compañeiros leveino mellor e fíxose todo máis ameno”.

Na súa reaparición contra o Alondras CF xogou durante todo o partido e aínda que notou a falta de competición “acabei máis fatigado do que acostumo estar ao final dos partidos” tamén “econtreime mellor físicamente do que me esperaba e anímicamente con moitas máis ganas”.

Recén chegado ao clube redondelano, Mario García pronto sentíuse coma un máis dentro do vestiaro, “acolléronme moi ben no CD Choco. Estou moi impresionado polo trato recibido; o equipo é coma unha familia, estou moi contento”. Nunha tempada na que o xove xogador, que en xaneiro cumplirá 20 anos, estrease xa non só como xogador choqueiro senón tamén na categoría e como adestrador dun equipo base. E todo isto o compaxina cos estudos dun grao de administración e finanzas.

Un ‘todoterreno’ que descubriu que lle gustaba o fútbol “dende pequeno, cando tiña cinco anos xa andaba sempre cunha pelota nos pés” e foi por aquel entón cando “o meu pai meteume no Val Miñor onde estiven toda a miña época base até que no segundo ano de xuvenís fichei polo Celta onde estiven estas dúas últimas tempadas”.

Na súa primeira experiencia como sénior, Mario recoñece que experimentou un gran cambio respecto ás categorías inferiores “hai moita diferencia entre a categoría xuvenil e sénior a cal é moito máis dura, non se xoga tanto pero te esixe moito máis”.

Se ben é certo que non nega querer chegar “ao máis arriba que poida” nesto do fútbol, Mario non quere pensar máis aló do presente “de momento estou xogando aquí e estou centrado nelo e o que pase máis adiante xa se verá”.

Tocamos a outra das súas facetas, a de adestrador. Mario está a formar aos rapaces da categoría Benxamín D, papel no que se encontra moi a gusto pois según él atopou a fórmula perfecta “sempre me gustaron os nenos e a combinación de nenos e fútbol, imaxínate, é unha gozada enseñarlles”.

E é precisamente cando colle a pizarra cando máis entende a Gonza “agora doume conta de moitas cousas, non é tan sinxelo como podería parecer”. E unha vez vivida esta experiencia non descarta “nun futuro ser adestrador de un equipo profesional” aínda que este pensamento venlle de lonxe xa que “sempre dixen nos meu círculo cercano que cando acabase a miña etapa como xogador quería ser adestrardor porque quero estar sempre vinculado ao fútbol”.

Pero até chegar ata alá aínda nos queda moito por disfrutar do Mario xogador así que de momento terá que conformarse cos equipos base. E ao seu, ao bexamín ao ser unha etapa formativa intentalle inculcar “os coñecementos básicos do fútbol, os valores do club e, sobre todo, a que se divirtan”, razón pola cal antes de saltar ao campo nun partido sempre lles lembra “que o importante é que disfruten que é o mellor que se van a levar do encontro”, sobre todo nestas categorías formativas.

Mario recoñece que obviamente afectanlle máis as derrotas como “xogador que como adestrador mais o que realmente me afecta é ver aos rapaces tristes se no gañan un partido” porque aínda estan nunha idade na que se teñen que formarse no só coma xogadores senón tamén como persoas. E que se algo aprendeu Mario en todala súa traxectoria como futbolista e que agora transmite aos seus pequenos xogadores e a importancia do “do traballo, porque sin traballo non se conseguen obxectivos, da disciplina fundamental para o traballo en equipo e o disfrute, porque que se non estás contento co que fas, de nada sirve”.