O CD Choco recibe ao Arosa SC o domingo ás 17.00 horas. Tan só os separa un punto aínda que dúas posiciones na táboa clasificatoria.

Esta fin de semana o CD Choco volve a batirse en duelo no seu feudo, en Santa Mariña. En fronte o Arosua SC, un equipo que “ven dunha dinámica positiva en canto a resultados”, nos comenta Gonzalo, o míster choqueiro que é sabedor de que o equipo arousano chega a Redondela con 7 xornadas sen coñecer a derrota  colleitando 2 empates e 5 vitorias.

Por eso a priori será un partido bonito e competido no que Gonzalo prevé que a clave estará en “ sentirse cómodos có balón” polo que “intentaremos ter o balón e crear o maior perigo posible”. Aínda que tamén é conscente de que “xogamos cun equipo con boa dinámica de xogo e cunhas individualidades importantes dentro da categoría. É moi bó equipo”.

E así o reflexa a clasificación, o Arosa SC ocupa a terceira posición pero tan só a un punto do equipo redondelano, aspecto que lle otorga un ápice máis de emoción polo que o equipo choqueiro o afronta “como un partido importante sí, pero sin tanta necesidade de conseguilos puntos” pero esto non quere dicir que non loiten dende a saída ao campo senón todolo contrario, porque “queremos sacar algo positivo para poder superalo en canto a puntos se refiere” pero sobre todo, apunta Gonzalo, “ser fortes, facer noso xogo e sacar o máximo número de puntos na casa”.

O único que quere Gonzalo é “poder estar á altura para cumplir as expectatvias tanto do aficionado como  o que vai requerir o xogo” porque asegura que “estamos preparados para competir moi ben”.