Falamos con Leandro López, máis coñecido como Lea, adestrador do equipo base Infantil B. Con esta son dúas as tempadas que leva no clube redondelano mais ten experiencia noutros como O Verdugo ou o Arcade. Este é o primeiro ano que non adestrou ao equipo do seu fillo, oque supuxo “dar un pasiño máis”.

– Como adestrador do equipo base, a liga regular rematou. Como valoras a tampada do teu equipo? Foi unha tempada moi boa xa que a rematamos clasificatoriamente no segundo posto, en fase de ascenso, con tan só dúas derrotas e un empate. Cada día íamos mellor xa que cada vez estabamos máis adaptados a esta nova categoría.

 –  Cales son os contidos traballados cun grupo na categoría infantil? O primeiro é facer grupo e piña o que resultou moi sinxelo xa que levan tempo xogando xuntos e xa se coñecían de antes. Logo moito de balón e xogo en equipo.

 – Que se esixe nesta categoría aos futbolistas… os resultados os esixes? O primordial é o grupo e saber competir e logo sempre se quere gañar e por iso se lle mete un pouco máis de presión.

 – Que lle dis antes dun partido aos teu xogadores? Fálolles do contrincante e como xoga e logo que fagan o que adestramos e o que é máis importante que se divirtan xogando e que sexan compañeiros.

– Que destacarías do teu equipo como grupo humán e deportivo? O ben que se levan entre eles e no deportivo a calidade que teñen tanto a nivel individual como a nivel equipo.

– Nunha tempada atípica coma esta con qué te quedarías? Co bo ambente do grupo e cos resultados xa que estos nos indican que estábamos a facer as cousas ben.

– Que valores lles trasmites ao equipo? Intensidade, xogo en equipo, respeto e saber competir.

– Cres que é fundamental ser xogador antes que adestrador? Eu fun xogador antes que adestrador e penso que esto axuda de cara a explicarlle aos rapaces cousas que acontecen dentro do campo. Pero isto non quere dicir que se non fuches antes xogador nos sexas bo adestrador.

 – Seguirás na próxima tampada adestrando no club? Eso non depende de min, sempre é un orgullo adestrar aos equipos do CD Choco pero o tempo dirá se sigo ou non.

De continuar, imaxino que con ganas de retomar os adestramentos…. tal e como estan as cousas cres que será posible máis pronto que tarde? E cres que cambiará definitivamente a maneira de adestrar? Esperemos que esta situación pase rápido e se poda volver a disfrutar do fútbol; a pesar da situación que estamos a vivir non creo que vaia a afectar aos adestramentos.

 – Cres que o futbol base goza de boa saúde en Galicia en xeral e no Choco en particular? Sí que creo que en Galicia en xeral e no CD Choco en particular se están a facer ben as cousas; de feito ahí están os resultados para corroboralo.