O porteiro vello coñecido pola familia choqueira logo de tres anos no club 
redondelá en equipos de categoría base, xogou en Porriño a pasada tempada na 
categoría xuvenil.

Kevin Pereiro non é de todo descoñecido para a familia choqueira xa que vestira anos atrás a elástica redondelá, 3 anos máis concretamente, nas categorías cadete e xuvenil de primeiro ano. Kevin regresa moi contento “porque as tempadas que pasei aquí estiven moi contento e cómodo, marchara por cuestións totalmente axenas ao club”.

O xoven xogador, estreará categoría, a pasada tempada competiu en xuveniles en Porriño, e aínda que sabe que terá moi complicado facerse un hoco no 11 da pizarra de Gonza “chego sabendo cal é o meu rol no equipo” razón pola cal ven “coa intención de complicarlle as cousas a David Cortegoso”, a sabendas de que “o terei compricado porque Cortegoso é un porterazo con moito pecorrido nesta categoría onde xa está consolidado”.

Kevin chega a Redondela con o obxectivo persoal de seguir crecendo como porteiro e aprendendo; a nivel de equipo “de sumar”, pero tamén co reto de “poder pelexar polo play off posto que pensó é ao que debe aspirar o CD Choco” e tan só pensar en alcanzalo a Kevin duplícanselle a gañas de “empezar a adestrar e por su posto a competir”.

Na presentación o xove xogador estivo arroupado por Edu, adestrador de porteiros do club, y que Kevin recoñece que foi o artífice da súa volta porque “mostrou o seu interés pola miña volta e non quixen desaproveitar esta oportunidade”.