Falamos co adestrador do Benxamín C, Jorge, que nos conta a súa experiencia enfronte o equipo; “Nestas idades o nenos atacan máis do que defenden”.

 – Desde cando adestras a equipos base no CD Choco? O meu primeiro equipo no Choco foi o Alevín de fútbol 11 na tempada 2009- 10. Dende entón estiven todalas tempadas excepto a pasada. Con anterioridade estiven adestrando ao Salgueiriños e ao Soutomaior. Teño experiencia neste ámbito dende prebenxamins até cadetes, aínda que tamén estiven de segundo adestrador e de preparador físico no equipo Sénior do C.D. Arcade.

– Agora adestras aos benxamíns, rapaces que aínda están a descubrir este deporte. Qué caulaidades cres debe ter un adestrador para xestionar a un grupo como éste? Con rapaces destas idades tes que ser máis tolerante nalgúns aspectos que con rapaces máis maiores quizais non o sexas tanto; eso sí, sen esquecer as normas que son o máis importante, pero a partir disto temos que tartar de apoialos e animalos moito.

– Que foi o que che levou a ser adestrador? A paixón por este deporte e tamén polo ensino, de feito ésta foi a que me levou a formarme para ser profesor de educación física.

– Que é o máis complicado de ser adestrador? Quizais o feito de non poder convocar a todolos xogadores e ter que deixar cada semana algún dos nenos sen participar.

Antes de adestrador fuches xogador ou cres que non é imprescibdible? Xoguei dende os 9 anos pasando por todalas categorías inferiores do club até o equipo sénior, onde o logro máis importante foi o ascenso a Preferente. Logo paseis por equipos como o Pontecaledelas, o Reboreda ou o Arcade para volver finalmente ao Choco B onde finalmente me retirei. Dito isto, penso que a pesar da miña experiencia como xogador non creo que sexa imprescindible para ser adestrador, si ben é certo  ca experiencia como tal pode ser moi útil e pódeche axudar moito como adestrador, mais ao final o importante é ter a formación necesaria para poder adestrar e, obviamente, ser capaz de transmitila.

– Como é como grupo o teu equipo? É un grupo moi unido, xa que a maioría dos rapaces xogaron xuntos en anos anteriores, moi recpetivos e con moitas ganas de aprender e mellorar.  

– Teñen interiorizada a concecpión de equipo ou, pola contra, o que máis lles importa é a individualidade e se pode ser marcando goles mellor? Moitas veces vánse a casa máis contentos cando marcan un gol aínda que perdesen que ao revés, pero melloraron moito nese aspecto e cada vez máis pensan no colectivo.

– Nestas idades xa teñen decidida a posición no campo ou aínda é cedo para iso? Está claro que nestas idades aínda é moi cedo para que asuman unha posición determinada no campo, de feito, pensan máis en atacar que en defender; pero ao final non podes por a todos a xogar de dianteiros co que non queda outra que ir adaptándoos en función das súas características e as necesidades do equipo.

– Cres que aos nenos aféctalles o das letras A, B ou C para distinguir os equipos da mesma categoría? Os nenos o que queren e xogar e divertirse. A letra é o de menos, o importante é estar en un grupo onde podan disfrutar do fútbol e pasalo ben.  

– Como vai o equipo esta tempada? Pois nesta segunda volta estábamos de novenos aínda que o importante e a mellora do equipo o que ao final reflexábase nos resultados.

– Falando de resultados, esixesllos? Os resultados son o de menos. O único que lles esixo é que se esforcen e o fagan o mellor posible. A competición ten que ser un medio para seguir aprendendo e mellorando.

– En que te basas para facer as convocatorias? Desafortunadamente teño 15 xogadores e só podol levar convocados a 14. Nesta categoría gústame que todos poidan participar pero como non é posible intento rotar a un cada semana tratando que ningún se quede sen xogar dúas semanas seguidas, excepto por lesión o enfermidade, obviamente.

– Eres dos que respeta o tempo dos nenos no campo o deixas máis tempo ao que consideras mellor? En case todolos partidos vamos os 14 xogadores que permite o reglamento, polo sempre quedan 6 no banquillo e máis ou menos a mitade de cada tempo entran todos a vez a xogar independientemente do resultado.

– Aféctalles as derrotas ou non lles dan importancia? No momento no que remata o partido sí, xa que a todo o mundo lle gusta gañar, pero axiña esquécense porque saben que o máis importante é seguir progresando.

. Cales son os valores que lles intentas transmitir? Sobre todo que sexan educados, teñen que saudar ao chegar. A partir disto, que teñen que esforzarse para conseguir o que desexan e como isto é deporte de equipo que sexan bos compañeiros e que cooperen cos demáis.

– En que consiste un adestramento con nenos tan pequenos? Que é o que se traballa nestas idades? Está claro que cada categoría ten un contidos a traballar que están relacionados coas fases sensibles do adestramento, pero o importante é facer que estos contidos se leven a cabo con adestramentos divertidos e amenos para que o neno mellore xogando e, sobre todo, que todalas actividades sexan con balón.

– Cres cos pais deben castigar ao neno sen adestrar? Nesta categoría aínda non acontece isto, pero é certo que é unha medida que se soe utilizar con aquele rapaces que acadan malos resultados académicos. A verdade é que é un erro xa que o deporte ten enormes beneficios, no só a nivel cardiorespiratorio, inmunolóxico ou muscular senón ademais tamén mellora a concentración, a atenció e a memoria o que incide no rendimento académico.

 –  Cres que debieran ir aos partidos do Sénior como parte da formación? Penso que isto non se lles debe impor, xa que teñe que saír deles. A moitos lles gusta ir os domingos a Santa Mariña a ver ao equipo Sénior, non sei realmente se é por ver o partido ou por xogar entrementres no campo anexo; aínda así fíxanse moito nos xogadores e xa teñen os seus referentes. 

– Como levamos estos días de confinamento? Aínda que todos queremos que isto remate canto antes para volver a normalidade eu persoalmente o vou levando. Teño a sorte de vivir nunha casa, polo que teño posibilidades de sair ao xardín e incluso xogar un rato co balón polo que seguramente non se fai tan pesado como estar confinados nun piso. O meu equipo obviamente está desexando volver a ter esa liberdade para xogar ao aire libre, tan necesario para eles; pero a verdade é que se están a comportar moi ben; son un exemplo para todos.

– Estás en contacto con eles? Realmente estou en contacto cos pais, xa que eles non teñem teléfonos móbiles.

– Mandácheslle algún exercicio para estes dias? Mandeille xogos para axudarlles a pasar mellor estes días e cos que poden divertirse facendo algo de exercicio.