Analizamos co Presidente do CD Choco a entidade choqueira nesta nova campaña 19/20.

Logo do final da primeira volta e xa nos comezos da segunda, o Presidente da entidade choqueira, Iván Crespo, fai unha valoración sobre onde se atope e ata onde quere chegar o club redondelán tanto a nivel deportivo como administrativo.

Empezando como sempre polo principio, ataxamos o tema deportivo sobre o que o Presidente amósase moi satifeito desta primeira volta a nivel resultados “a verdade é que o inicio foi bastante positivo cun bo arranque, quizáis o mellor dos últimos 8 anos, o que se ve refrendado neste final da primeira volta cos 31 puntos que son moi bos para conseguir o obxectivo do club que non é outro que manter a categoría un ano máis”.

 Un bo colchón para enfrontar o longo camiño final da tempada aínda que se analizamos pormenorizadamente todos e cada uns dos encontros desta primeira etapa “probablemente nos quedemos coa sensación de que deixamos puntos no camiño que puideramos haber sumado, detalles que se nos escaparon o partidos nos que non estivemos á altura, o que simplemente por mala sorte ou unha mala decisión non sacaramos os tres puntos. Os 31 puntos son xustos pero vendo a evolución do equipo e as prestacións que deu nesta primeira volta creo que incluso pudimos facer algún punto máis aínda que os 31 son moi merecidos”.

Sumar, diso se trata, un continuo facer contas ás que a Iván lle sale que “aínda non temos os puntos que nos garanten a salvación, polo que temos que traballar para conseguilo. Unha vez que alcancemos esta meta poderemos soñar, antes non”. Ao que se refire obviamente é a se hai novas aspiraciones como xogar a promoción de ascenso, mais Iván é produnte porque a experiencia, como ben dito está, é un grao “anos anteriores outros equipos chegaron ao final da primeira volta con estes puntos e, incluso, algún máis e acabaron descendendo polo que non podemos despistarnos do noso obxectivo inicial e a partir de ahi xa se verá”.

E eso está o equipo choqueiro quen aínda que non tivo bo comezo nesta segunda volta, e moito o que queda por bogar. O club está traballando a contrarreloxo, xa que o 31 deste mes péchase o mercado de xogadores, para intentar un derradeiro reforzo do plantel vermello “estamos a traballar para traer algún reforzo máis para esta parcela defensiva”, nos asegura Crespo. De conseguilo esta sería a terceira cara nova do vestiario, Edu Otero y Samu foron as últimas incorporacións. “Ao longo destes meses xurdiron unha serie de problemas no equipo como a saída de Jacobo Lazcano por motivos de traballo, que nos descompensou unha parcela do campo e doutros xogadores que por falta de minutos buscaron outros equipos. Todo isto nos obriga a axustar o plantel buscando esas pezas que cremos nos van reforzar o equipo. Creíamos que se debía fichar a un dianteiro e trouxemos a Edu Otero e agora tocaba a parcela defensiva na que a chegada de Samu vainos dar maior potencial e competitividade”.

 Pero para que un equipo sobreviva detrás deberá ter una estructura sólida que o manteña, razón pola cal o CD Choco está a dar pasos importantes neste aspecto co fin de conseguir unha solvencia estructural co fin de “cimentar o xermen para que algún día teñamos a capacidade a nivel de club de cara a categorías superiores”. Paseniño pero de forma segura o club vai avanzando pois aínda que o club deportivamente crecera nos últimos anos non o fixera a nivel organizativo e de xestión e por iso “dende os últimos 2 o 3 anos estamos a dar pasos nese sentido, dandolle unha estructura ao club que lle permita, nun momento dado, ser un equipo moito máis solvente nesta categoría e chegar a ser un club o máis profesionalizado posible. Incorporamos novas pezas como é o tema de comunicación e prensa e o de administración, e buscamos tamén crecer na parcela comercial e de publicidade poque temos que chegar a moitas máis”. E que o patrocinio véndese caro nestas categorías pero Crespo non dubida en afirmar que “compensa invertir no noso club a nivel patrocinio. Moitas empresas se verán identificadas co noso club, o Choco é sinónimo de positividade, de crecemento, moi emprendedor, e neste sentido estamos moi ben valorados”.

Ao final o nome de Redondela viaxa por toda a xeografía galega cuxo maior exponencial de representación é o plantel choqueiro. Un equipo que latexa e todolos siareiros que acuden a alentar ao equipo tanto nos equipos da casa, en Santa Mariña, coma fóra e ao respecto Iván Crespo síntese moi satisfeito mais as súas aspiracións son que creza o número de abonados xa que “a nosa pretensión e que Redondela goce do equipo”.

Como non podería ser doutra maneira o Presidente non quere deixar pasar ao ocasión sen agradecer “o esforzo dos xogadores e a súa confianza no clube e no corpo técnico e pola continua defensa destes cores e escudo”.